Este mércores o director de contidos de Atresmedia Digital, Francisco Sierra, impartirá un foro titulado Enredando con la tele, organizado polo Máster en Produción e Xestión Audiovisual da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre e pola Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC).
Neste encontro farase un balance da situación do mercado televisivo no contorno dixital, emprestando unha especial atención á produción de contidos multi-plataforma e multi-dispositivos, así como á xestión do vídeo e á emisión en liña. Sierra tamén detallará o proceso de integración das redes sociais no mercado televisivo e a explosión da segunda pantalla e a chamada televisión social.
O relatorio do director de contidos de Atresmedia Digital desenvolverase de 10:00 a 13:00 horas no Museo da Prensa de La Voz de Galicia en Arteixo, podendo inscribirse os interesados en asistir de balde chamando ao teléfono 981 180 416 ou por correo electrónico.
Un foro en Arteixo afondará na situación do mercado televisivo no contorno dixital
Compartir Este Artigo
