Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo achega un curso para descubrir o engrenaxe do gran descoñecido Big Data
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
NOVAS

A UVigo achega un curso para descubrir o engrenaxe do gran descoñecido Big Data

Redacción
Publicado: 12/02/2014
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Marcos Carbonell (Vitae Digital), o formador Antonio Soto (SolidQ) e o profesor Ignacio Armesto
Marcos Carbonell (Vitae Digital), o formador Antonio Soto (SolidQ) e o profesor Ignacio Armesto
Existen empregos intocabéis para a crise? Segundo algúns expertos a profesión de científico de datos é unha das chamadas profesións de futuro no eido das TIC, a cal se estima que creará 4,4 millóns de empregos nos vindeiros dous anos a nivel mundial. Programas como Hadoop permiten facer un tratamento avanzado da información, unha tecnoloxía que empregan empresas como Google para extraer información útil de entre a enorme cantidade de datos que recompilan, unha inxente información que se denomina Big Data. Tomando boa nota disto, a Universidade de Vigo está a desenvolver -en colaboración coa empresa Vitae Consultores- un curso pioneiro encamiñado a estudantes e profesionais para achegarse a este eido, que se imparte por primeira vez en Vigo.
A súa novidade fixo que se cubrisen todas as prazas e 27 profesores, investigadores (entre dous estranxeiros do proxecto GreenIT) e profesionais de empresas comezaron a docencia o pasado venres. Dicir que as clases estenderanse ata o vindeiro 22 de febreiro na Escola de Enxeñaría Industrial impartidas por expertos da empresa SolidQ.
E que se atoparán os asistentes deste curso? Pois poderán aprender a usar Hadoop para integrar solucións para grandes volumes de datos e coñecerán as habilidades de traballo para o desenvolvemento de solucións destes grandes volumes. Poderán entender que é Big Data e os seus problemas, instalar e configurar Hindsight, HDFS e MAP/Reduce, algoritmos de datos, etc.
A organización limitou a matrícula a aquelas persoas que teñan xa certos coñecementos e experiencia previa en bases de datos, minaría de datos ou ben Business Intelligence. En definitiva: as ferramentas para procesar, cribar e aproveitar esa cantidade de información recollida baixo o nome de Big Data serán as que nestes días coñezan os asistentes a este curso, mellorando a súa formación e abrindo novas fronteiras na súa inserción laboral, xa que as empresas demanda xa profesionais que lles axuden a extraer a información que se agocha nese Big Data.
Para poñernos un pouco en contexto, a que nos referimos con iso de Big Data? Pois ben, o volume de datos que as empresas ou as institucións manexan está en constante crecemento e Big Data é o termo empregado para designar a estes conxuntos de datos que superan a capacidade do software habitual para seren capturados, xestionados e procesados, e os tamaños de Big Data están suxeitos a un aumento progresivo. Os expertos sinalan que o sector financeiro, o das infraestruturas e o público (en especial o sanitario), son os que máis recorren a Big Data para xestionar a información. Nun informe elaborado por IDC sostense que o uso de Big Data nas empresas españolas medrará un 304% nos dous vindeiros anos. Hai menos dun ano, a consultora Gartner estimaba que Big Data creará 4,4 millóns de empregos nos vindeiros dous anos a nivel mundial, e que 1,2 millóns serán en Europa Occidental. E é que as empresas empresas empregan Big Data para obter resultados centrados no cliente, aproveitar os datos internos e crear un mellor ecosistema de información.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?