Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O 68% da mocidade europea consome películas descargadas da Internet
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

O 68% da mocidade europea consome películas descargadas da Internet

Marcus Fernández
Publicado: 12/02/2014
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

A Comisión Europa vén de publicar un estudo sobre o perfil da audiencia audiovisual actual e futura nos dez principais países da Unión Europea, para o que consultaron a 4.608 cidadáns de entre 4 e 50 anos (considerados como mocidade europea), comprobándose que o consumo de películas maioritario na Unión é na televisión e no cine doméstico e en salas comerciais, mentres que o vídeo baixo demanda aínda está emerxendo.
Aínda que no informe non se fala de descargas ilegais para conseguir unha resposta sincera dos consultados, conclúese que o elevado prezo dos cines e das plataformas legais leva aos cidadáns a recorrer ás descargas a través da Rede na metade dos individuos consultados, aínda que os motivos para descargar un filme poden atender a causas moi diversas como a falta de dispoñibilidade (30%), o retraso nas estreas (27%), a grande fiestra de explotación das películas (28%) e incluso a falta do tempo para acudir a un cine (23%).
O 68% dos consultados a nivel europeo serían habituais das descargas de filmes a través da Internet, e aínda que en España as entidades de xestión de dereitos aseguren que somos o país máis pirata do mundo, só estamos sobre a media comunitaria en descargas (cun 79%), véndonos superados por outros países como Croacia, Polonia ou Lituania (chegando este último ao 87%), mentres que os países con menos descargas serían Alemaña e Reino Unido, polo que podemos concluír que existe unha relación directa entre o poder adquisitivo dos cidadáns e o hábito das descargas (que de todos os xeitos vese con normalidade en todos os mercados).
Sorprende ver no informe como, no consumo de cine doméstico, mentres o DVD está lixeiramente por debaixo das descargas (cun 67%), o Blu-ray ten unha posición bastante mala (20%) a só 2 puntos dun formato considerado obsoleto hai moito tempo, o VHS.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026
525912-skyshowtime-logo-7de941-large-1707842591.jpg
Audiovisual

SkyShowtime botará o peche en 2027

19/11/2026
Audiovisual

YouTube amosará publicamente o número de visualizacións compartidas

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?