Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadores da UVigo traballan en aplicar tecnoloxía QR no coñecemento dos historiais médicos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigadores da UVigo traballan en aplicar tecnoloxía QR no coñecemento dos historiais médicos

Redacción
Publicado: 17/02/2014
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_enxeneria_telematica_codigos_qr.jpgA tecnoloxía dos códigos QR é sen dúbida unha das máis sorprendentes de cantas se teñen propagado nos últimos anos. Que se xere tanta información a partir de recadros tan miúdos e á vista tan indescifrables, aínda causa un aquel de abraio malia estar espallados estes códigos en tantos recantos da nosa vida cotiá. Ademais, hai que ter en conta outro factor: a inmediatez e a accesibilidade que engaden á información e á comunicación. Esta vantaxe e esta tecnoloxía QR son o alicerce dun proxecto estatal no que están a traballar os investigadores do Grupo de Enxeñaría Telemática da EE de Telecomunicación.
Trátase dun proxecto liderado pola universidade alacantina Miguel Hernández para dar forma a un sistema de control -a través dos ditos códigos de barras bidimensionais de lectura rápida- para os alimentos que se subministran a pacientes por vía intravenosa. O obxectivo é lograr que os profesionais da saúde poidan coñecer, con só achegar o seu dispositivo móbil, a composición dos alimentos e os medicamentos parenterais que reciben aqueles doentes que non poden alimentarse polo estómago.
Segundo informa a UVigo, a participación dos enxeñeiros galegos no proxecto xorde despois de numerosas colaboracións con grupos de traballo do ámbito clínico e da saúde de todo o ámbito estatal. O proxecto como dixemos está liderado dende a UMH. Máis polo miúdo, polo profesor de Historia da Ciencia, Javier Sanz Valero. A súa duración é de tres anos e durante ese período crearase unha gran base de datos que lle servirá ao especialista para ter, “de xeito sinxelo e desde o seu propio dispositivo móbil”, toda a información da historia clínica do paciente. Xunto á Universidade Miguel Hernández e á Universidade de Vigo, no proxecto participan tamén investigadores da Universidade de Granada e persoal clínico de tres hospitais universitarios: o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, o Xeral de Alacante e o Son Espases de Mallorca.
A iniciativa é coñecida como Tecnoloxías de recoñecemento óptico aplicadas á Trazabilidade e Análise de Perigos e Puntos Críticos de Control (APPCC) das mesturas de nutrientes parenterais. Ao seu abeiro, o traballo dos investigadores ten ramificacións con ámbitos que non lle soen ser propios ao devandito, como a intelixencia artificial ou a web semántica. Segundo apunta o profesor Luis Álvarez-Sabucedo, un dos docentes da UVigo implicados nestes traballos e investigador de AtlantTIC, a iniciativa “consiste en que sexamos quen de identificar, onde non había un patrón, que tipos de pacientes son estatisticamente máis proclives a segundo que situacións”. Polo tanto, do que se trata é de compilar información deses procesos de calidade para despois poder procesala e extraer conclusións que reduzan posibles riscos para o paciente e fagan máis eficaz todo o proceso. O grupo galego, explica, encargarse do desenvolvemento de diferentes interfaces sen fíos para logo poder ser capaces de identificar eses patróns.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?