
Nas sesións, desenvolvidas baixo o epígrafe A crítica intermedia, amosaranse aos alumnos as diferenzas entre os textos teóricos e xornalísticos e as craves para atopar e desenvolver “a paixón da espontaneidade cinéfila”. Con estes obxectivos, o seminario contará cos diferentes puntos de vista de diversos representantes do sector, como por exemplo Antonio Weinrichter, reputado especialista en cinema documental, o catedrático da USC José Luís Castro de Paz, e os críticos da prestixiosa revista Caimán Cadernos de Cinema, Jara Yáñez e José Manuel López. Tamén participará o co-director de A Cuarta Parede, Iván Villarmea, que achegará un obradoiro sobre xéneros xornalísticos aplicados á escritura sobre cinema. O seminario compleméntase cun prácticas na devandita revista dixital, que lanzará e presentará perante o mundo os textos elaborados polos alumnos en Play-Doc, sobre películas proxectadas no certame.
Lembrar que a nova entrega de Play-Doc celébrase do 2 ao 6 de abril. Asemade, o festival abre dende a pasada fin de semana e ata o 24 de marzo a convocatoria para que os interesados no dito festival poidan inscribirse. As bases poden consultarse en liña (en formato PDF). Informar tamén que os responsables de A Cuarta Parede presentarán no festival o libro Jugar con la memoria. El cine portugués en el S. XXI, escrito por colaboradores da revista, e editado por Shangrila. Trátase, sinaslan, “da primeira monografía en español sobre a última gran xeración de cineastas lusos, que inclúe nomes premiados en festivais internacionais, como Miguel Gomes (Tabú) ou João Pedro Rodrigues (Morrer Como Um Homem)”.
Play-Doc e a revista dixital galega A Cuarta Parede preparan unha escola de críticos de cinema
Compartir Este Artigo
