O servizo de almacenamento na nube de Google vén de mudar o seu prezo de xeito substancial, polo que a contratación de 100 Gb de almacenamento pasa de 4,99 dólares/mes a 1,99 dólares, 1 Tb de almacenamento pasa de 49,99 dólares a 9,99 dólares e incluso hai paquetes de máis de 10 Tb a partir de 99,99 dólares/mes (opcións que resultan de grande interese especialmente para empresas), mantendo o seu plan de balde con 15 Gb de almacenamento e co detalle de que en Google Drive non consumirán o espazo persoal os documentos, follas de cálculo e presentacións de Google, así como as fotografías que non superen unha resolución de 2.048 x 2.048 píxeles.
Na sección de axuda de Google Drive detallan os novos prezos dos plans de almacenamento que afectan tanto a Drive como a Gmail e a Fotos de Google+.
Google Drive reduce o prezo dos plans de almacenamento adicional
Compartir Este Artigo

