
O proxecto está cofinanciando polo IGAPE e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Para o Clúster, está claro que empregando esta plataforma, poderemos cumprir dende a nosa compañía coa lexislación que nos obriga ao subministro das facturas en formato electrónico ás administracións públicas, lexislación que entrará en vigor o 15 de xaneiro de 2015, tal e como se establece na Lei 25/2013 de Impulso da Factura Electrónica e Creación do Rexistro Contable de Facturas no Sector Público.
Segundo explican os impulsores da plataforma de eFactura Integrada, a conexión entre esta e o programa de contabilidade ou de xestión da empresa (ERP), estará asegurada e poderá facerse de xeito automático, non sendo preciso teclear de novo os datos nun novo sistema. Por certo que a plataforma que promove arestora o Clúster está orientada tanto á emisión como á recepción de facturas. Por outra banda, será quen de acubillalas e dotalas de seguridade, posibilitando tamén a súa recuperación e a súa comprobación, e igualmente a súa procura selectiva e impresión. Asemade, permitirá, xunto coa sinatura electrónica, engadirlle á factura un selo de tempo recoñecido, que acreditará o momento no que a factura foi xerada e enviada. As empresas que estean interesadas en participar no proxecto deberán contactar co grupo de xestión do Clúster (info@clusterticgalicia.com; telf. 881 939 651) antes do 25 de abril.
O Clúster TIC promove un proxecto de factura electrónica
Compartir Este Artigo
