Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UDC celebra o Día d@ Científic@ Galeg@ e esixe que se amose o labor investigador das mulleres
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

A UDC celebra o Día d@ Científic@ Galeg@ e esixe que se amose o labor investigador das mulleres

Redacción
Publicado: 23/04/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

dia_da_cientifica_galega_udc.jpgHoxe desenvólvese o Día do Científico Galego da man da Real Academia Galega da Ciencia. Para conmemoralo e para ir máis alá desta festividade (achegando renovación e alternativas), a Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña lanza a campaña Día d@ Científic@ Galeg@. Segundo explica este departamento da UDC, o feito de escribilo con arrobas non é casual ni fortuíto. Trátase, de feito, dun convite á reflexión “sobre a necesidade de incluír as mulleres cando se fala de ciencia e tecnoloxía”.
A campaña preséntase como dixemos con motivo do Día do Científico Galego. Para a UDC, é un feito que tanto esta celebración como as propias entidades que velan pola investigación na nosa terra (incluída a Real Academia) manteñen de sempre ás mulleres que traballan por e para o coñecemento e a tecnoloxía nun réxime de anonimato. “Con este motivo”, engade a Oficina, “as unidades de igualdade das tres universidades galegas enviaron o ano pasado ao presidente da RAGC unha carta que non tivo resposta, aínda que celebran o nomeamento este ano da primeira muller académica que, pensan, en algunha medida podería ser consecuencia daquela carta”.
A campaña deste ano da Oficina consta dun cartel encabezado como Día d@ científic@ galeg@, composto por unha escolma das fotos que se presentaron ao I Concurso fotográfico Rosalind Franklin As mulleres na ciencia e na tecnoloxía, promovido pola OIX para amosar o papel das mulleres neses ámbitos. “Con este cartel”, engaden os responsables deste departamento, “queremos suxerirlle á Real Academia que modifique o nome da efeméride, de xeito que se recoñeza ás numerosas científicas galegas, que sen dúbida tamén serán premiadas algún día e ás que compre visualizar para fomentar deste xeito modelos de mulleres lonxe dos estereotipos creados”.
A Oficina lembra que a porcentaxe de mulleres científicas no sistema universitario galego acada case o 50%. E engade: “É fundamental falar de científicas e científicos en calquera comunicación que se refira ao colectivo das persoas que fan ciencia”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?