
No caso das producións da nosa terra e na nosa lingua, resultou vencedora Poetarras, unha webserie que vén da man de Manuel Gago, Rubén Lino Mandado e Daniel Vilaverde e que amosa pequenos anacos do día a día dun “colectivo arteterrorístico” que se dedica, basicamente, a ofender aos ofendibles a través dos seus sketchs. Outra serie galega, Palabras secretas, recibiu unha mención especial, e Entre pipas foi recoñecida polo seu guión e actores (Luís Zahera e Xúlio Abonjo). Asemade, houbo mención especial para lavida.es. A mellor actriz foi Mar Ulldemolins por Les coses grans. Lembrar que no Carballo Interplay, que este domingo puxo o punto e final á súa primeira convocatoria, participaron un total de 35 webseries. En total, repartíronse 5.000 euros e agasallos deseñados polo artista David Méndez.
Pecha con éxito a edición de apertura do primeiro festival de webseries do Estado: Carballo Interplay
Compartir Este Artigo
