O vindeiro 4 de xuño en New York a casa de poxas Bonhams vai ofrecer ao público o que consideran que é un anaco da historia do século XX, un par de sinais orixinais do exterior do edificio de Apple coa forma do popular logotipo de maza trabada coas cores do arco da vella deseñado por Rob Janoff, que durante máis de dúas décadas representou á compañía. Por estes sinais esperan sacar dende 10.000 e 15.000 dólares respectivamente como mínimo (7.300 e 11.000 euros).
Os sinais, que amosan pequenas fendas provocadas polo paso do tempo, teñen unhas medidas de 116,8 x 124,5 x 3,8 centímetros e 85 x 91,4 x 15,2 centímetros respectivamente, están feitos de escuma ríxida coas cores aplicadas en vinilo e estiveron nas paredes das instalacións de Apple en Cupertino ata 1997, cando se retiraron e agasallaron a un empregado veterano.
As mazás orixinais do edificio de Apple sairán a poxa
Compartir Este Artigo

