Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A USC traballa en dar forma ao que podería ser a materia prima futura dos nosos dispositivos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

A USC traballa en dar forma ao que podería ser a materia prima futura dos nosos dispositivos

Redacción
Publicado: 17/07/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

diego_pena_usc_ciqus.jpgA Universidade de Santiago está mergullada nun máis que interesante proxecto de nanotecnoloxía que podería dar como resultado, a medio ou longo prazo, a unha nova xeración de dispositivos electrónicos. O grupo responsable destes traballos é o grupo de investigación COMMO do CiQUS, xunto con investigadores de IBM Research (Suíza). Nun plano máis detallado, os investigadores galegos e suízos desenvolveron un método que simplifica o proceso de obtención de nanografenos de alta calidade a partir de compostos orgánicos dos que se pode dispor de xeito doado. Lembrar que os nanografenos son a versión a escala mínima dos grafenos, que son materiais únicos constituídos por carbono puro e con átomos distribuídos nun patrón regular hexagonal semellante ao grafito pero nunha folla dun átomo de grosor. Ou sexa, que un dos seus puntos fortes é a súa extraordinaria lixeireza.
Ademais, o nanografeno é máis flexible e quécese menos ao conducir os electróns. Respecto do silicio, un dos materiais máis tradicionalmente empregados na industria informática e electrónica, amosaría un consumo de electricidade moito menor. Porén, malia as súas moitas vantaxes, un dos principais problemas que achega a obtención de grafenos a escala nanométrica é a complexidade do proceso. Aí entra en xogo o traballo dos investigadores da USC e do grupo IBM Research: achegando métodos áxiles e simplificados ao tempo que se asegura un alto nivel de calidade. Segundo informa Diego Peña, do grupo COMMO, “conseguir un perfecto control sobre o seu tamaño e xeometría é fundamental para explorar novas aplicacións en electrónica”.
O método descuberto polos investigadores da USC permite acadar nanografenos ben definidos a través “dunha única e sinxela reacción a partir do perileno, un composto orgánico moi común”. O proceso, sinalan, baséase na reactividade dun grupo de moléculas denominadas arinos, que poden actuar como unha especie de “pegamento molecular para unir anacos de grafeno”. Segundos os autores do traballo, os nanografenos con forma de trevo obtidos nesta investigación foron depositados en películas illantes extremadamente finas e a súa imaxe obtívose con resolución atómica mediante microscopía de forza atómica (AFM). Segundo engade Diego Peña, a preparación destes materiais (con diferentes tamaños e feituras), podería ser crucial para construír circuítos electrónicos baseados no grafeno, maquinaria molecular e dispositivos dunha soa molécula.
Por certo que a investigación que amosa paso a paso o devandito método vén de ser publicada na recoñecida revista Angewandte Chemie e conta coa participación dos docentes Enrique Guitián e Dolores Pérez e a estudante de doutoramento Sara Collazos, integrantes do grupo COMMO. Sinalar tamén que o grupo ten na Rede unha moi exhaustiva peza audiovisual que bota luz sobre os seus desenvolvementos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?