Mentres algúns terminais co sistema operativo móbil de Microsoft aínda non recibiron Windows Phone 8.1, esta última versión desta plataforma móbil xa está a preparar unha actualización da que xa se pode gozar da súa versión preliminar para desenvolvedores, e que achega unha serie de melloras que xa son oficiais, e que supoñen unha interesante mellora de Windows Phone.
Esta actualización de Windows Phone 8.1 destaca especialmente polo soporte de cartafoles no menú de inicio, que non só permite agrupar aplicacións como tamén farían outros sistemas operativos móbiles, senón que as súas iconas conservan as súas compoñentes activas, resultando unha funcionalidade moi atractiva, xa que permite ter un menú máis ordenado e elegante. Tamén é posible combinar varias mensaxes de texto nunha (para facilitar o seu reenvío), mellórase a selección (de cara ao borrado de chamadas, mensaxes e contactos), poden configurarse as aplicacións que se desexa que outros usuarios teñen accesibles (función moi atractiva para dispositivos corporativos), as alarmas estrean tons personalizados, mellórase o soporte de VPN, a conexión á Internet xa non só pode compartirse mediante Wi-Fi (agora tamén será posible facer tethering por Bluetooth), estréase unha aplicación para a xestión de accesorios (pensando especialmente nos wearables) e tamén mellórase o comportamento do narrador.
Microsoft confirma as funcionalidades que recibirá Windows Phone 8.1 na súa vindeira actualización
Compartir Este Artigo

