
Cómpre destacar que a marca Macworld tamén correspondía a un evento de grande impacto (a Macworld Expo) que servira no seu día para presentar produtos como o iPhone, pero que deixou de contar co apoio de Apple dende 2008, de aí que esta marca fose perdendo peso paulatinamente o que, xunto coas dificultades que están a ter as publicacións en papel, fixo que esta revista deixase de ser viable economicamente.
A nova do peche chega da man do director editorial da revista, Jason Snell, quen asegura que recibiu o encargo de escribir a súa columna de despedida para o número de novembro de Macworld, amosando a súa mágoa por non poder ter planificado este grande cambio, xa que moitos dos seus compañeiros foron despedidos hoxe mesmo sen poder prever unha saída menos traumática da emblemática publicación.
Un dos detalles máis rechamantes deste peque é que non só a páxina web de Macworld.com vaia seguir operativa, senón que a edición dixital da revista tamén se mantería activa, segundo comentou Snell a través de Twitter.
Tras 30 anos a revista Macworld abandona os quioscos norteamericanos
Compartir Este Artigo

