Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GameStop pechará as súas tendas en España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GameStop pechará as súas tendas en España

Marcus Fernández
Publicado: 15/09/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

gamestop_1374863_10152101693820086_1126392472_n.jpgCando hai pouco máis de dous anos a matriz da cadea de tendas GAME quixo desfacerse do seu negocio de tendas de videoxogos en España e Portugal, xurdiron rumores que apuntaban a que GameStop podería ser quen absorbese a rede de establecementos dedicados ao lecer electrónico, pero finalmente foi Cherrilux Investments (filial de OpCapita) quen adquiriu o negocio. Resulta así bastante rechamante que hoxe GameStop anuncie dende Reino Unido que prepara a súa saída do mercado español a través da venda parcial das súas tendas, curiosamente á súa competidora GAME, co que pretenden que este cese de actividade resulte o menos traumático posible para clientes, traballadores, vendedores e accionistas.
Esta decisión tomouse despois de analizar a situación de GameStop en distintos países europeos, decidindo centrarse nos mercados onde a marca conseguiu unha cota de mercado máis importante. Agora teñen que presentar este acordo de venda dalgúns dos establecementos de GameStop a GAME ás autoridades da competencia para que autoricen a operación que podería completarse no mes de outubro.
gamestop_1474599_10152103035545086_861502423_n.jpgActualmente GameStop ten numerosas tendas en Galicia, estando presenten en A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, Vigo e Vilagarcía de Arousa, e aínda que non se detallaron aínda os que permanecerán en activo, xa se filtraron a través de foros na web os documentos que están a recibir os traballadores da firma nos que se lles comunica que tras 9 anos de investimento en España foi imposible conseguir construír un negocio rendible, buscando agora transferir o negocio a outro retailer para asegurar o meirande número de postos de traballo posible, dando por feito que antes do 1 de outubro completarase a negociación cos traballadores e con outras partes para definir o itinerario de partida de GameStop do noso mercado.
É de agardar que o número de peches definitivos das tendas sexa bastante elevado, xa que moitos dos establecementos de GameStop están situados na proximidade dos de GAME, o que reduciría o seu atractivo de compra, e queda por ver se iso se traducirá nunha liquidación do material en stock ou na súa venda directa a GAME.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?