
Máis polo miúdo na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago, dende as 9.45 ata arredor das 18.00 horas. Nela, participará un nutrido grupo de especialistas en xornalismo e novas tecnoloxías, afondando na influencia das novas tecnoloxías no labor xornalístico, e viceversa. O evento, que conta coa colaboración da AMTEGA e da Facultade de Ciencias da Comunicación, achegará aos asistentes a posibilidade de compartir o desenvolvemento da xornada a través de Twitter, coa etiqueta #xornalismoredes.
Polo que respecta ao programa, abrirá a xeira de actividades o presidente do CPEIG, Fernando Suárez, xunto coa directora da AMTEGA, Mar Pereira, e o vicerreitor de Comunicación e Coordinación da USC, Xosé Pereira. A continuación, será a quenda da intervención da reportuiteira, comunicadora e xestora de redes sociais Laura Camino, quen afondará na cuestión emprendemento-redes sociais, centrándose na súa experiencia no reportuiteo: o xornalismo en 140 caracteres. A continuación, o patrono fundador e director de Civio Fundación Ciudadana, David Cabo, falará da transparencia dos datos e da iniciativa dondevanmisimpuestos.es.
Máis tarde, o vicepresidente do CPEIG, Juan Otero, abordará o tratamento nos medios de comunicación do denominado “erro informático”. Pola súa banda, a produtora e investigadora de contidos dixitais, María Yáñez, introducirá unha perspectiva de xénero co relatorio Muller e comunicación dixital. O director da edición dixital de La Voz de Galicia, Tomás García, pechará as intervencións da mañá co tema Novas perspectivas do xornalismo electrónico. Despois do xantar, a xornada centrarase na mesa redonda Tecnoloxía para a divulgación. Nela participarán o doutor en Ciencias da Información pola USC e doutor en Ciberxornalismo, Manuel Gago, quen abordará o seu proxecto Torre de Mouros; o CEO de Teltek Vídeo Research e coordinador técnico de UVigo-TV, Vicente Goyanes, quen falará da súa experiencia en Vigo iTunes U; e o doutor en Comunicación pola UCM e profesor na USC, Xaime Fandiño, quen exporá o seu proxecto Latencia 0?.
Os múltiples cambios aplicados polas TIC no xornalismo, a debate este xoves da man do CPEIG
Compartir Este Artigo

