Cando xurdiu o problema de seguridade Heartbleed moito foi o rebumbio que se moito na Rede ante a enorme cantidade de servidores que presentaban a vulnerabilidade, aínda que a meirande parte o arranxaron en poucas horas, pero agora aparece un novo fallo de seguridade que para moitos é aínda máis grave, xa que permite directamente tomar o control remotamente de sistemas mediante o comando bash, presente en sistemas baseados en Unix, como poden ser numerosas distribucións de Linux e incluso ordenadores con OS X (aínda que só afectaría a ordenadores de Apple que estean configurados para o uso de servizos avanzados de Unix).
Este fallo de seguridade alcumado como Shellshock xa está corrixido en múltiples plataformas (polo que é urxente que se instalen as últimas actualizacións para evitar intrusións). De todos os xeitos esta ameaza parece ser moi seria, xa que ao existir numerosos equipos e dispositivos na Rede que contan con versións de bash vulnerables que carecen de actualizacións frecuentes e incluso de soporte por parte dos seus fabricantes, é posible que este problema poida ter consecuencias gravas no futuro (xa que poderían xurdir ataques en liña aproveitando os equipos que presenten este problema de seguridade).
…for example, here is the bash bug in action on Mac OS X pic.twitter.com/nfDCUdRnb5
— Robert Graham (@ErrataRob) September 24, 2014
Exemplo de como comprobar se un equipo con OS X é vulnerable a Shellshock

