
O novo sistema operativo irá na liña do que se viña falando nos últimos meses, de xeito que podemos considerar que Windows 10 será o destino da converxencia que Microsoft persegue decididamente dende o lanzamento de Windows Phone 8. Deste xeito estamos ante un sistema operativo único, que chegará a smartphones, tablets, ordenadores e consolas de videoxogos, contando cunha tenda de aplicacións común, abrindo grandes posibilidades aos desenvolvedores.

Para axudar á construción de Windows 10 dende Microsoft está a abrir un programa no que profesionais e expertos poderán acceder a Windows 10 Technical Preview, versión do novo sistema que aínda está en desenvolvemento, e que busca recibir feedback para ir moldeándose pouco a pouco para conseguir ser o mellor posible, para que a primeiros de 2015 poidan lanzar ca unha versión preliminar para consumidores, de xeito que ao longo do ano que vén Windows 10 vería a luz na súa versión final.
Na presentación de hoxe amosáronse algúns dos detalles que estarán presentes na versión preliminar para profesionais que comezará a distribuírse estes días, como pode ser o novo Menú de Inicio (que lembraría ao menú clásico, incorporando unha zona para baldosas activas); as aplicacións de interface moderna (ou sexa, as descargadas da tenda de Windows) poderán correr en fiestras e non só a pantalla completa; mellórase a organización de aplicacións en pantalla, de xeito que podemos dividir a pantalla ata en 4 partes nas que correr aplicacións dun xeito bastante cómodo en función do espazo dispoñible; cóntase cunha nova vista para o cambio entre tarefas; poden crearse varios escritorios virtuais (para poder organizar distintos escritorios en funcións das tarefas que fagamos en cada momento); e o explorador de arquivos tamén mellora para localizar antes os últimos arquivos e cartafoles.
Para ver dun xeito visual todos estes cambios podemos ver o vídeo no que Joe Belfiore amosa as novidades de Windows 10:
Windows 10 será a converxencia dos sistemas operativos de Microsoft
Compartir Este Artigo

