A Rede cada vez xoga un rol máis importante no mundo literario, de xeito que o contorno dixital, en vez de substituír ao libro, compleméntao, de xeito que a literatura ten unha segunda vida na Internet, tema que vai centrar un obradoiro na Coruña no que a poeta Estíbaliz Espinosa fará, entre outras cousas, un achegamento ás novas propostas dixitais que hibridan tecnoloxía, poesía e artes.
O obradoiro Palabras na Rede desenvolverase o 23 de outubro ás 19:30 horas na Biblioteca Municipal de Estudos Locais, dentro do programa Ler conta moito da Xunta de Galicia, e ante as limitacións de aforo é preciso formalizar a inscrición para poder acceder a esta actividade de balde. Os interesados poden así inscribirse presencialmente na propia bibliioteca, por teléfono (981 174 386) ou por correo electrónico.
Estíbaliz Espinosa impartirá un obradoiro sobre literatura na Rede
Compartir Este Artigo

