O Club Financeiro de Santiago (CFS) en colaboración coa Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) da Coruña fixeron onte entrega do I Premio Emprende Innova 2014 á compostelá Itziar Villar Bermejo, fundadora e directora da plataforma de busca de parella estable Twin Shoes, nacida en 2011 e que actualmente conta con 3.462 usuarios rexistrados. Esta ferramenta en liña xa conseguira nos seus inicios o recoñecemento dos Premios INNOVA-G entregados por AGESTIC.
O xurado destes novos premios, composto por 5 membros da xunta directiva do CFS e 3 directivos da AJE valoraron a viabilidade empresarial do proxecto, a innovación, a xeración de emprego e o seu potencial de internacionalización á hora de escoller a esta iniciativa que tivo que competir coa páxina web de promoción e reserva de restaurantes Una mesa por favor de Raquel Fondevila Alén e a plataforma de compras en liña Escompring de Marcos Pereira López.
O Premio Emprende-Innova pretende contribuír á consolidación de ideas de negocio en realidades empresariais, fornecendo a riqueza económica de Galicia.
Twin Shoes recibe o I Premio Emprende Innova 2014
Compartir Este Artigo

