Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo renova a aposta polo Centro de Innovación e Transferencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

A Deputación de Lugo renova a aposta polo Centro de Innovación e Transferencia

Redacción
Publicado: 27/10/2014
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

depu_lugo_centro_innovacion.jpgO pasado venres 24 de outubro a vicepresidenta segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez, visitaba as instalacións do Centro de Innovación e Transferencia de Tecnoloxía (CITT) co gallo de anunciar a renovación do convenio de colaboración entre ambas entidades. Cómpre dicir que o organismo provincial colabora con este centro da Universidade de Santiago na dinamización do sector da innovación tecnolóxica, a investigación e a difusión de coñecementos no medio económico e social cunha achega de 9.500 euros.
Ao acto tamén acudiron o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Javier Bueno; o vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do Campus, Andrés Barreiro; o vicepresidente de Caixa Rural, Luciano Sánchez; e o Secretario Xeral da CEL, Jaime López.
Dende o acto salientouse que a institución luguesa contribúe “a favorecer a interrelación entre as actividades universitarias e as necesidades empresariais”, posto que se enmarca -segundo Méndez- “dentro da aposta pola educación pública de calidade, pola investigación, o desenvolvemento e a innovación”. E engadiu: “En épocas de crise non podemos permitir recortes nestas materias, fundamentais para o progreso do país, para crear e impulsar a economía”.
É preciso lembrar que a Deputación leva preto de 30 anos traballando coa USC e case 20 co CITT. Este convenio vense renovando de xeito anual dende 1995, cando foi concretada a construción do CITT co obxectivo de establecer un servizo que relacionara as demandas específicas en materia de investigación en xeral, e da investigación aplicada en particular no marco do Campus lugués.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?