Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Angela Ahrendts adianta que o Apple Watch sairá á venda en primavera
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Angela Ahrendts adianta que o Apple Watch sairá á venda en primavera

Redacción
Publicado: 03/11/2014
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

angela_ahrendts.jpgMoita é a expectación polo lanzamento do smartwatch de Apple, en boa medida polas grandes incógnitas sobre o novo wearable da compañía de Cupertino, como os distintos prezos, as características finais e as datas de comercialización, estando cada vez máis claro este último aspecto, pois aínda que estaba claro que non sería ata 2015 cando o produto sairía á venda, o panorama poderá mudar moito entre a venda do reloxo nas primeiras semanas do ano a de facerse preto do verán. As últimas novas que temos a este respecto parten dunha videomensaxe de Angela Ahrendts, responsable de consumo de Apple, aos traballadores da compañía, na que os insta a gardar enerxía para a campaña de Nadal, detallando que tras a mesma chegará o Aninovo Chinés (en febreiro) e, “o lanzamento dun novo reloxo en primavera”. Deste xeito entendemos que o Apple Watch chegaría como moi cedo a finais de marzo, de xeito que non se cumpriría o desexo de moitos de que o trebello estea dispoñible a tempo para o Día dos Namorados.
O lanzamento do Apple Watch estaría a ser máis imporante para a compañía de Cupertino do que poderiamos pensar nun primeiro momento, pois supón cambios nas estratexias de venda de Apple e tamén precisa de procesos formativos para os traballadores da Apple Stores para que poidan atender correctamente aos consumidores sobre produtos que nunca venderan antes, e nos que os distintos modelos, tamaños e correas suporán unha diversidade de produtos inédita no catálogo da empresa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?