Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Cilenis crea unha web de análise textual en galego, castelán, inglés e portugués
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Cilenis crea unha web de análise textual en galego, castelán, inglés e portugués

Redacción
Publicado: 03/11/2014
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cilenis.jpgCilenis, start-up galega composta por lingüistas e informáticos e que ten como obxectivo a creación de aplicacións avanzadas, vén de lanzar Linguakit, un completo portal de análise textual en galego, castelán, inglés e portugués. Estamos perante un portal en liña multilingüe que achega de xeito doado unha morea de instrumentos tecnolóxicos para o uso e o estudo de catro linguas: galego, español, inglés e portugués. Trátase do primeiro portal de recursos lingüísticos para este grupo de idiomas e, moi especialmente, para o galego, que disporá por primeira vez de ferramentas ata agora só accesibles para o inglés e o castelán. Cilenis, empresa tecnolóxica xurdida ao abeiro da USC, facilitará a aprendizaxe e a corrección no uso destas linguas apoiándose nos medios dixitais.
E con que conta este espazo na Rede? Dende un conxugador verbal a un extractor de palabras chave, pasando por un analizador do sentimento dun enunciado, un resumidor, un tradutor ou un corrector ortográfico e gramatical. Linguakit poderá ser ben útil para: publicistas, xornalistas, tradutores, profesores e lingüistas, ou en xeral calquera persoa con interese pola lingua.
linguakit.jpgTodas as persoas que queiran probar Linguakit poden facelo de balde rexistrándose na web linguakit.com, o que lles dará dereito a facer ata 100 consultas mensuais. Para usos máis extensivos, hai plans adaptados ás necesidades de cada usuario dende 3,95€/mes.
E máis polo miúdo, as ferramentas lingüísticas dispoñibles en Linguakit son un resumidor que achega unha síntese do contido dun texto; un corrector capaz de identificar erros léxicos e gramaticais proporcionando unha explicación didáctica dos mesmos así como posibles opcións de corrección; o mellor tradutor en liña dispoñible para o par de linguas que o usuario elixa; un conxugador verbal que inclúe verbos de dobre conxugación e mesmo inventados; ou unha completa ferramenta de análise que amosa algunhas das posibilidades que ten o usuario para traballar coa lingua ofrecendo á vez o resultado parcial de varias das ferramentas de Linguakit.
En canto ás ferramentas de análise lingüística, estas permiten contabilizar o número de veces que unha palabra aparece nun texto atendendo á súa categoría gramatical e outros datos xenéricos como o número de frases, de palabras ou a variedade léxica do texto; facilitan o contexto anterior e posterior das palabras chave elixidas polo usuario; proporcionan información morfolóxica de cada tipo de palabra dun determinado texto; e realizan unha análise completa das relacións sintácticas ou de dependencia existentes entre os pares de palabras dun texto.
De referírmonos ás ferramentas de análise de texto, estas posibilitan analizar o sentimento dun enunciando, valorando o grao de positividade, negatividade e/ou neutralidade; identificar o idioma no que foi escrito, tendo en conta, para o caso do galego, as variantes recollidas na RAG (Real Academia da Lingua Galega) e AGAL (Associaçom Galega da Língua); extraer as palabras chave, clasificándoas segundo o seu grao de importancia, ou os grupos de palabras chave, clasificándoos segundo o seu grao de cohesión interna; e recoñecer as entidades, nomes propios e datos numéricos dun texto para catalogalos como persoas, lugares, organizacións, organismos, datas ou cantidades.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?