Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Aimen presenta nas JAI 2014 un innovador proxecto robotizado de rehabilitación clínica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Aimen presenta nas JAI 2014 un innovador proxecto robotizado de rehabilitación clínica

Redacción
Publicado: 04/11/2014
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

FISIOROB.jpgAo longo desta semana ten lugar en Vigo a VI edición das Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial (JAI), alí presentouse onte Fisiorob, unha achega a medio camiño entre a robótica e a realidade virtual que nace coa vontade de asistir aos pacientes en exercicios intensivos de rehabilitación. Detrás deste enxeño atópanse as empresas galegas: Comsa, Emte, Aequs, Izmar, I3che, Balidea e POVISA; e contan coa colaboración de Aimen Centro Tecnolóxico, CIS Galicia e da Universidade de Vigo en temas relacionados coa robótica, electrónica, sistemas de realidade virtual e adquisición de sinais.
Emporiso, Aimen Centro Tecnolóxico (situado no Porriño), participa no desenvolvemento do proxecto, un innovador sistema robotizado de asistencia en rehabilitación neuromotora clínica. Fisiorob propón unha nova solución baseada na combinación da robótica con contornas virtuais de rehabilitación, para o seu uso na recuperación da mobilidade das extremidades superiores de pacientes con necesidade de rehabilitación neuromotora. O centro tecnolóxico colabora no desenvolvemento do sistema de control do brazo robotizado.
Prevese que o robot poida abranguer todas as fases de recuperación do doente, mesmo podendo realizar parte da rehabilitación no seu propio domicilio, mediante un sistema de adquisición de sinais biomédicos, que permitirá calibrar a súa evolución e adaptar o seu tratamento. Ademais, idearase un programa de xestión de datos co que organizar a información obtida en cadansúa sesión de rehabilitación para que o equipo médico poida realizar un axeitado seguimento da terapia e evolución.
Engadir que este proxecto conta co apoio do CDTI, o Ministerio de Economía e Competitividade, a Axencia Galega de Innovación e o Fondo Tecnolóxico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?