Os impulsores do portal Galicia Dixital, un histórico da nosa Rede, veñen de informar que incluirán unha nova e interesante sección entre os servizos de seu. Trátase de A Biblioteca de Galicia Dixital, un apartado-funcionalidade dispoñible e visible dende a páxina principal que servirá sobre todo para acubillar nela, con acceso de balde para os internautas, todos aqueles libros que os seus autores autoricen aos responsables do portal a difundir a través do seu medio e en formato dixital.
Para comezar, Galicia Dixital ofrece ás autoras e aos autores difundir as súas obras a través da plataforma. Para isto, deberán envialas en formato pdf ou dixitalizadas coa meirande calidade posible, acompañados dunha nota de autorización para poder difundilos en Internet a través do portal e achegalos logo á comunidade enteira.
Galicia Dixital acubillará un servizo gratuíto de difusión de libros dixitais
Compartir Este Artigo
