Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O robot Nao recibe ao milleiro de estudantes e profesionais que están a participar nas JAI 2014
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O robot Nao recibe ao milleiro de estudantes e profesionais que están a participar nas JAI 2014

Redacción
Publicado: 04/11/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_jai_nao.jpgTal e como informamos onte, comezou finalmente a semana da automatización industrial da man das xornadas JAI, cinco días para amosar en detalle os máis recentes achados da enxeñaría, da robótica e das novas tecnoloxías aplicadas ao ámbito do industrial. Ou sexa, para amosar como a tecnoloxía permite facelo todo, a nivel empresarial, moito máis doado. Precisamente a sexta edición das Xornadas de Automatización Industrial foi inaugurada por un enxeño destas características, o robot Nao, un trebello de 60 centímetros de altura que foi o encargado de dar a benvida aos asistentes no centro AFundación de Vigo. A intervención de Nao, deseñado pola empresa francesa Aldebaran, precedeu ao acto oficial de apertura presidido por Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo e Abel Caballero, alcalde de Vigo.
A xornada primeira, como non podía ser doutra maneira, contou tamén coa presenza do profesor Nacho Armesto, principal responsable destes encontros, que falou das JAI como mesturadoras de dous mundos, o profesional e o académico. Segundo fixo saber, ata 500 estudantes e 300 profesionais daranse cita este ano nestas xornadas nas que se desenvolverán máis dunha trintena de relatorios da man de empresas como PSA Peugeot Citroën, ABB, Siemens, Schneider, Omron, Rockwell Automation ou Bosch, así como de centros de tecnolóxicos como Gradiant ou CTAG e institucións académicas.
Lembrar que o inicio das JAI 2014 estivo precedida tamén pola visita que os integrantes da mesa presidencial, xunto co conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez, realizaron á media ducia de demostracións instaladas, tanto na entrada, como no segundo andar, do centro social AFundación. Deste xeito, amais de coñecer de primeira man ao robot Nao, tiveron a oportunidade de dar conta das potencialidades do sistema robotizado de asistencia en rehabilitación clínica Fisiorob desenvolvido polo centro tecnolóxico galego Aimen, das vantaxes do sistema de balizamento robotizado Robocone da empresa galega Imatia, así como das implicacións das tecnoloxías de realidade aumentada e sistema de posicionamento de interiores de Gradiant. Tamén puideron esculcar na maqueta do futuro estadio de Balaídos realizada, segundo o deseño dos arquitectos, por Lupeon 3D, unha empresa creada por un grupo de ex alumnos da Universidade de Vigo, “que empeñaron o seu patrimonio para adquirir máquinas de impresión coas que traballan a demanda dos clientes que lles solicitan impresións concretas”, explicou o profesor Nacho Armesto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?