Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O proxecto galego Situm vai amosar o seu potencial a Silicon Valley
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O proxecto galego Situm vai amosar o seu potencial a Silicon Valley

Fernando Sarasketa
Publicado: 05/11/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

situm.jpgSeguimos dando conta de proxectos galegos que salientan no panorama TIC. Desta volta, toca falar do proxecto Situm, dos galegos Víctor Álvarez Santos e Adrián Canedo Rodríguez, que veñen de acadar unha praza para viaxar a Silicon Valley, nos Estados Unidos, tras alzarse a súa proposta como unha das mellores 24 de todo o ámbito estatal presentadas ao programa Yuzz. Máis en detalle, Situm foi elixida a mellor idea do centro Yuzz Santiago, obtendo a devandita praza para viaxar do 7 ao 12 de decembro ao devandito complexo empresarial norteamericano, considerada a meca da innovación TIC.
O programa Yuzz está dirixido polo Centro Internacional Santander Emprendemento (CISE), co patrocinio de Banco Santander, a través da súa División Global Santander Universidades, e a colaboración da Xunta de Galicia.
O xurado seleccionou o proxecto de Víctor Álvarez Santos e Adrián Canedo Rodriguez, como o mellor do emprazamento compostelán, situado no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, espazo no que desde hai seis meses 20 mozos emprendedores da cidade traballan na concreción das súas ideas empresariais. Durante a súa visita a Silicon Valley, os responsables de Situm poderán visitar o Spain Tech Center (STC) -impulsado por Banco Santander, ICEX e Red.es- cuxo obxectivo é facilitar a implantación de PEME de base tecnolóxica española nesta contorna produtiva.
Segundo informan os responsables de Yuzz, ao regreso de Silicon Valley, os gañadores deberán presentar as súas ideas ante un xurado integrado por representantes de Banco Santander, CISE e entidades colaboradoras do devandito programa. Seleccionaranse o tres mellores proxectos, que recibirán unha dotación económica de 30.000, 20.000 e 10.000 euros, respectivamente, para que poidan desenvolvelos.
situm_mobil.jpgPolo que respecta a Situm, sinalar que se trata dunha ferramenta de localización de dispositivos intelixentes que permite coñecer a posición de calquera teléfono dentro de calquera edificio (onde o GPS non funciona). Isto abre a porta para o desenvolvemento de aplicacións e servizos de xeolocalización para interiores, por exemplo no eido do guiado de persoas en grandes superficies, na procura de produtos e tendas en centros comerciais ou para levar a cabo promocións personalizadas ao dispositivo de cada usuario. Tamén permitiría facer estudos de comportamento de clientes en tenda ou xerar información sobre a posición de empregados en tempo real, amais de achegar a base para a elaboración de audioguías xeoposicionadas para museos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?