Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica salienta que se trata da empresa que máis inviste en I+D no ámbito estatal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica salienta que se trata da empresa que máis inviste en I+D no ámbito estatal

Redacción
Publicado: 05/11/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Os módulos de Thinking Things que presentou Telefónica I+D
Os módulos de Thinking Things que presentou Telefónica I+D
Telefónica I+D, a división da operadora coñecida como TID, presentou as súas liñas estratéxicas vindeiras no evento TEFcon (xuntanza que reúne a boa parte dos máis salientables desenvolvedores que ten a compañía en todo mundo). Máis polo miúdo, fixo saber que as tres principais liñas sobre as que pivotarán os traballos de TID serán a Internet das cousas aplicado ao ámbito industrial, os modelos de predición do comportamento humano e o binomio identidade-privacidade. A operadora salientou que se trata da compañía “que máis inviste en Investigación e Desenvolvemento (I+D) en España”, ao tempo que lembrou a súa “gran tradición en innovación de produtos e servizos”.
No eido da Internet das cousas, Telefónica I+D anunciou o desenvolvemento de Thinking Things, módulos amoreables ao estilo das pezas de Lego que permiten equipar con conectividade os obxectos cotiáns. Sobre a predición do comportamento humano, TID deu a coñecer un estudo realizado sobre turismo, no que se poñen de manifesto as grandes oportunidades que os recursos Big Data poden achegar á industria do sector. Ao fío da terceira liña de acción, identidade-privacidade, a operadora anunciou que vai liderar un esforzo comunitario para revelar o fluxo e uso da información persoal en liña.
A presentación das liñas estratéxicas de TID realizouse no marco do TEFcon (4 e 5 de novembro), un evento organizado por terceiro ano consecutivo por Telefónica I+D para reunir a todos os creadores de produto da compañía de empresas como Tuenti, Jajah, eyeOS ou Tokbox, entre outras. O obxectivo é divulgar as mellores prácticas empregadas polos enxeñeiros, ademais de aprender e compartir novas tecnoloxías. No marco desta cita, a operadora anunciou que “seguirá investindo en I+D en España en liña co que investiu nos últimos anos”. E engadiu: “Os últimos datos oficiais sinalan que Telefónica destinou un total de 6.100 millóns de euros a proxectos de I+D+i durante o pasado ano 2013, unha cantidade que supón un 6% máis respecto ao ano anterior e representa o 10% do investimento que neste capítulo faise en España”. Desta forma, sinalaron fontes de TID, a empresa de telecomunicacións convértese na segunda operadora que máis inviste en I+D+i en todo o mundo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?