Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A constelación Humsat escenificarase e impulsarase dende Pontevedra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A constelación Humsat escenificarase e impulsarase dende Pontevedra

Redacción
Publicado: 06/11/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_concello_pontevedra_humsat.jpgPontevedra será o escenario de probas da constelación Humsat. Así nolo fixeron saber esta semana dende a Universidade de Vigo e o Concello da cidade do Lérez, nunha cita cos medios na que se fixo saber que a segunda das institucións contribuirá con 36.000 euros ao desenvolvemento desta liña estratéxica da UVigo, ou sexa a liña da investigación aeroespacial. No encontro, dando a coñecer os detalles do acordo Concello-Universidade, participaron o reitor Salustiano Mato, o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, e o director da Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), Francisco Javier Pereiro. Por certo que no convenio fíxase tamén que FEUGA responsabilizarase da coordinación administrativa e de xestión do proxecto, “axudando a reter talento e manter parte do equipo multidisciplinar que constitúe o Agrupamento Aeroespacial da Universidade”.
No que se refire ao eixe arredor do que pivotan estas iniciativas dadas a coñecer, o satélite Humsat-D, lembrar que foi lanzado ao espazo en novembro de 2013 e que se trataba do segundo aparello destas características deseñado pola UVigo. Con el, púxose en marcha unha iniciativa complementaria apoiada pola ONU e a Axencia Especial Europea encamiñada a verificar se unha constelación de pequenos satélites podería posibilitar o impulso das potencialidades do sector en países emerxentes. Liderando esta iniciativa está o devandito Agrupamento Aeroespacial da Universidade que, grazas ao convenio asinado este mércores co Concello de Pontevedra e a FEUGA, poderá comprobar no municipio a capacidade destes aparellos para obter datos do “parámetro que máis demandado a nivel mundial, como é a calidade das augas”, segundo sinalou o seu coordinador, o profesor Fernando Aguado.
O convenio, polo tanto, contribuirá a desenvolver un proxecto independente pero paralelo ao que se iniciou hai un ano co lanzamento do Humsat-D. De feito, segundo sinalou Mato, “existe interese por comprobar se unha rede de nanosatélites ou picosatélites como os que están a desenvolver os investigadores vigueses poderían chegar a cubrir as súas funcións, cun custo de lanzamento e posta en órbita ata cen veces inferior”. Esta previsto que entre sete e nove satélites, que lanzarán ao espazo diferentes universidades, conformen esa “constelación Humsat”, que terá polo tanto en Pontevedra un dos seus campos de probas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?