Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra creará unha plataforma única para subir ao ecommerce aos autónomos e PEME da provincia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra creará unha plataforma única para subir ao ecommerce aos autónomos e PEME da provincia

Redacción
Publicado: 06/11/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Amancio Varela, xefe do Servizo de Novas Tecnoloxías da Deputación de Pontevedra
Amancio Varela, xefe do Servizo de Novas Tecnoloxías da Deputación de Pontevedra
A Deputación de Pontevedra anunciou esta semana o seu obxectivo de crear un Centro Provincial de Comercio Virtual destinado a pór en xogo unha plataforma única que permita ás empresas distribuír e vender en liña produtos propios da provincia. O Centro, destinado sobre todo a autónomos e microempresas, fará especial fincapé en sectores que o organismo provincial considera “estratéxicos” para Pontevedra, como son a alimentación, a restauración, o turismo, o lecer, a hostalería e a cultura. Polo tanto, a idea é axudar as máis de 64.000 autónomos e microempresas de Pontevedra “a entrar de cheo no comercio en liña”.
A plataforma, sinala a Deputación, incluirá un apartado específico dedicado á comarca de Deza, no que terán presenza as empresas agroalimentarias, de hostalería e de restauración desta comarca. Segundo engade o organismo que preside Rafael Louzán, as empresas interesadas en beneficiarse desta iniciativa poderán adherirse ó servizo dende xa mesmo, e o único requisito que deben cumprir é estaren domiciliadas e desenvolver a súa actividade principal na provincia, amais de teren a condición de microempresas, ou sexa, empresas con 5 ou menos traballadores ou un balance xeral anual inferior ós 2 millóns de euros.
Isto non quita, engade a Deputación, que non se poidan beneficiar deste servizo as chamadas “empresas tractoras”, empresas referentes nos seus sectores que dende logo teñen a capacidade de “atraer máis empresas e clientes ao Centro de Comercio Virtual”. Estas firmas deberán ter, asemade, domicilio social e actividade na provincia. Polo que atinxe ás iniciativas que se suban ao carro do apartado específico de Deza, poderán facelo con independencia do seu volume de negocio e número de traballadores. O Centro de Comercio Virtual contará con servizo loxístico de seu e cun operador financeiro. Estes recursos posibilitarán a mellor operatividade posible na recollida e na achega de produtos adquiridos e, tamén, o mantemento dun punto de venda virtual “que facilite e dea maiores garantías de seguridade ao pagamento telemático. Con esta finalidade a Administración provincial publicou as bases que regularán a selección deste operador loxístico e da entidade financeira que servirá de plataforma para o pagamento telemático. As entidades financeiras teñen de prazo ata o 14 de novembro para presentaren as súas ofertas, mentres que no caso das empresas loxísticas o prazo para a presentación de propostas remata o día 18.
Engadir que as empresas que decidan adherirse ao Centro de Comercio Virtual “non só contarán co apoio da Deputación á hora de integrarse na plataforma senón que disporán dun servizo de seguimento e control para que poidan facer un uso correcto da plataforma, amais de achegárselles asesoramento para a mellor comercialización dos seus produtos”, explica a institución provincial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?