Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Galipedia celebrará o seu primeiro editatón con temática científica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Galipedia celebrará o seu primeiro editatón con temática científica

Redacción
Publicado: 06/11/2014
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

dia_ciencia_galego_cartaz.jpgO pasado 4 de novembro celebrábase a quinta edición do Día da Ciencia en Galego e para festexar esta data Proxéctate en galego, a Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo, a comunidade xestora da Galipedia, a Wikimedia España e a Nerd Nite Compostela están a organizar un editatón en Lugo para o vindeiro sábado 8 de novembro. Estamos perante a primeira actividade desta índole impulsada dende a Galipedia e terá como temática central o Día da Ciencia en Galego. O editatón comezará ás 10:30 na Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo e incluirá unha pequena sesión de introdución á edición da Galipedia e un monólogo científico: A Arqueoloxía Experimental e a apocalipse zombi: pequeno manual de supervivencia para nerds.
E que se persegue con esta actividade? Pois, por unha banda incorporar á enciclopedia entradas que ata agora non contan coa súa correspondente información en lingua galega ou mellorar esta información, no caso de que estea incompleta. Asemade, búscase facer visible a comunidade da Wikipedia galega, favorecer o contacto entre os seus membros e facer máis doada a incorporación de novas persoas. Os termos que se insta a incluír ou a actualizar teñen que ver en boa medida coa ciencia e con científicos e científicas galegas.
Como participar? De xeito virtual ou dende a casa, colaborando na creación ou mellora destas entradas, pero os seus organizadores instan á asistencia presencial, para incidir neses outros obxectivos de construción e coñecemento da comunidade.
Informar que a sesión comezará coa intervención de Elisardo Juncal (Galipedia), que realizará unha introdución á Galipedia e á edición co Editor visual. Logo, Manuel Díaz Regueiro (Igaciencia), presentará as actividades do Día da Ciencia en Galego, e Carlos Rodríguez-Rellán (profesor da Facultade de Historia da USC) ofrecerá unha palestra co título A Arqueoloxía Experimental e a apocalipse zombi: pequeno manual de supervivencia para nerds.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?