Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A impresión 3D será o eixo motor do segundo faladoiro do proxecto Faite Dixit@l!
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A impresión 3D será o eixo motor do segundo faladoiro do proxecto Faite Dixit@l!

Redacción
Publicado: 07/11/2014
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

faite_dixital_faladoiros.jpgO vindeiro xoves, 13 de novembro, Compostela acollerá o segundo Faladoiro Dixital do proxecto Faite Dixit@l!, que organiza a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) en colaboración con Fundetec. En termos xerais, este encontro xirará arredor de todo o relativo á impresión tridimensional, é por iso que a xornada en cuestión levará por nome Imaxina e crea: impresión 3D.
E en que consiste o proxecto Faite Dixit@l? Estamos perante unha idea da AMTEGA que botaba a andar o pasado mes de setembro, desenvolvida a través dos centros da Rede CeMIT, e encamiñada a mellorar o empoderamento dos usuarios en materia tecnolóxica para favorecer a súa empregabilidade coa tecnoloxía e a Sociedade da Información como base. Faite Dixit@l! achega máis de 1.800 prazas para a participación nas 140 actividades programadas. Amais, ata o vindeiro 28 de novembro está aberto o prazo de inscrición do Primeiro Concurso de Aplicacións Móbiles, que busca recoñecer a creatividade na creación de ferramentas tecnolóxicas que melloren a dispoñibilidade de recursos para a cidadanía e fomenten o uso da tecnoloxía de código aberto neste proceso creativos.
1090940_10153264116209056_7904060039702758868_o.jpgA xornada, na que logo da exposición dos expertos celebrarase un debate sobre o futuro ten a impresión 3D e ata onde pode chegar o seu desenvolvemento industrial, celebrarase entre as 18.30 e as 20.30 horas nas instalacións do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), con entrada libre e de balde ata completar o aforamento da sala. A inscrición ao evento pode realizarse a través da Rede.
Asemade, este Faladoiro Dixital poderá ser seguido vía streaming nas webs da rede CeMIt, do CDTIC, en Twitter coa etiqueta #faladoirosDIX e en Facebook. Na páxina web de Faite Dixit@l! pode solicitarse máis información sobre esta xornada e sobre o resto dos faladoiros que se celebrarán nas vindeiras semanas.
En canto aos relatores, cómpre dicir que estarán presentes:
· Álvaro Rei (enxeñeiro Técnico en Deseño Industrial, pola Escola Universitaria de Deseño Industrial de Ferrol), creador de Galiprint3d, unha das primeiras empresas galegas de impresión 3D que deseña e ensambla os seus propios equipos de impresión en tres dimensións.
· Xoán Sampaiño, freelance, membro de Bricolabs, asociación e grupo de divulgación e fomento de tecnoloxías libres, e do Proxecto Clone Wars, unha das comunidades RepRap máis amplas do territorio hispanofalante.
· Pablo Gajino, socio fundador e CEO de Possible Inc, start-up galega que desenvolve aplicacións móbiles e produtos software e hardware a medida.
· Luís Mandayo, Enxeñeiro Industrial pola Universidade de Vigo, fundador da empresa Lupeon, que achega servizos de asesoramento e de impresión 3D baixo demanda.
· Luís González, responsable de Ardentia, empresa adicada ao deseño 3D e prototipado rápido encamiñado á realización de xoias.
E indo de novo ao ciclo de Faladoiros Dixitais de Faite Dixit@l!, dicir que abrangue cinco eventos: un sobre innovación social dixital desenvolvido baixo metodoloxía PechaKucha, celebrado o pasado 28 de outubro (o vídeo do evento xa está dispoñible), dous seminarios de expertos, este sobre Impresión 3D e un previsto para decembro sobre o Internet das cousas, e dúas xornadas de exposición de casos de éxito sobre aplicacións móbiles e identidade dixital e marca persoal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?