Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UDC amosará ante a comunidade tecnolóxico-docente o seu proceso de virtualizar escritorios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UDC amosará ante a comunidade tecnolóxico-docente o seu proceso de virtualizar escritorios

Redacción
Publicado: 07/11/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

fic.jpgA Universidade da Coruña ten entre mans un proxecto de virtualización de escritorios (VDI). Ou sexa: unha iniciativa para romper as barreiras físicas e virtuais dos equipos e deste xeito acadar meirandes taxas de rendibilidade, accesibilidade e eficiencia para todos eles. Trátase pois de integrar a UDC nas vantaxes da nube. En palabras da Universidade, o que se pretende con este proceso é substituír o PC de sobremesa tradicional por un escritorio virtual almacenado nun servidor central ao que poderán acceder os membros da comunidade universitaria (alumnado, profesorado e persoal da administración e dos servizos) dende calquera dispositivo e dende calquera lugar. A UDC explicará os detalles do proxecto nun congreso.
O proceso VDI no que está mergullada a Universidade da Coruña vai xerar un escenario “de acceso rápido e flexible aos datos e aplicacións de seu”, engaden fontes da institución educativa galega, que xa conta para avanzar nestes obxectivos cunha infraestrutura de virtualización de escritorios Windows, baseada en tecnoloxía VMware. Esta iniciativa foi presentada en varios eventos do sector, como o VMForum 2014 que tivo lugar en Madrid o pasado mes de maio.
Con todo, a infraestrutura de virtualización da UDC está a xerar novidades cada pouco, e máis salientable desta recta final de 2014 é a aplicación do proceso VDI aos usuarios de escritorios Linux, na liña de empregar ao máximo as posibilidades do software libre. A Universidade da Coruña conta arestora dun proxecto piloto en fase de probas “perfectamente implantado na infraestrutura corporativa”, informa a UDC. Este plan en desenvolvemento é froito da colaboración dos Servizos Informáticos e Comunicación da Universidade, SIC, e a Facultade de Informática, FIC, coa realización do Traballo de Fin de Grao de Xacobe Macía da Silva, dirixido por Antonio Daniel López Rivas, técnico dos SIC, e Francisco Javier Nóvoa de Manuel, profesor da FIC, e que conta coa colaboración da empresa española Qindel Group.
Todo este proceso no que está mergullada a institución galega xa xerou interese na comunidade tecnolóxico-docente española, é o caso da entidade interuniversitaria estatal RedIris, que para ampliar o seu coñecemento sobre os traballos da UDC convidou á institución galega a presentar o dito proxecto nunhas xornadas técnicas previstas para os días 25, 26 e 27 de novembro no Complexo Cultural San Francisco de Cáceres. O obxectivo destas xornadas, infórmase, é reunir cada ano aos participantes e a comunidade RedIris “para pór en común os proxectos tecnolóxicos máis destacados e novidosos do ano na comunidade universitaria española, intercambiar información, mellorar o contacto e coñecer a realidade das distintas institucións”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?