Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O 4% dos usuarios de dispositivos di ter sido víctima dun acceso á súa conta nunha rede social
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O 4% dos usuarios de dispositivos di ter sido víctima dun acceso á súa conta nunha rede social

Redacción
Publicado: 07/11/2014
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Kaspersky Lab vén de facer unha enquisa, en colaboración con B2B Internacional sobre a realidade actual da seguridade multidispositivo (enquisa dispoñible en pdf). O estudo, que ten datos sobre unha chea de países, sinala que no caso de España, o 4% dos usuarios de calquera trebello móbil recoñece que os delincuentes lograron acceder á súa conta dunha rede social. A situación agrávase para quen teña sistema operativo Android, posto que que aí nese punto hai que falar dunha taxa do 13%. Esta é a porcentaxe de usuarios españois de tableta ou dispositivo intelixente con Android aos que lles interviñeron as súas contas de rede social.
O informe tamén sinala que “só unha miúda parte das persoas enquisadas entenden os riscos ligados ao uso activo e cotián dos servizos 2.0”, e iso que a comunicación a través deste vieiro (o vieiro das redes sociais) é a segunda actividade preferida polos usuarios de dispositivos. Respecto a España, a investigación conclúe que un 74% emprégaas decote, o que e palabras de Kaspersky “converte ás redes sociais nun obxectivo de interese para a ciberdelincuencia”. A empresa de seguridade tamén sinala que o 5% dos españois recoñece falar con descoñecidos sobre asuntos privados, mentres que o 16% adoita compartir información en liña que considera que non compartiría offline. De xeito paralelo, en en parte como consecuencia desta arela de privacidade, o 19% dos usuarios recoñeceu ter recibido correos de remitentes sospeitosos “que aseguraban formar parte dunha rede social ou outro sitio en liña, pedíndolles que mandasen o contrasinal ou outros detalles”. Por outra banda, un 17% viuse redirixido a unha páxina web non fiable que lles pedía que introducisen os datos de acceso a unha rede social, unha conta de correo electrónico ou de xogos en liña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?