Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As Xornadas Técnicas Galegas analizarán nesta terceira edición as Cidades Intelixentes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As Xornadas Técnicas Galegas analizarán nesta terceira edición as Cidades Intelixentes

Redacción
Publicado: 10/11/2014
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

SmartCities.jpgDende Código Cero xa dabamos conta da cita que terá lugar no Auditorio do Palacio de Congresos Mar de Vigo os vindeiros 25 e 26 de novembro. Estamos a referirnos á terceira edición das Xornadas Técnicas Galegas, centradas desta volta nas Cidades e Comunidades Intelixentes (Smart Cities & Communities), organizadas e impulsadas polo Concello de Vigo, a Axencia da Enerxía de Vigo (FAIMEVI), o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros de Galicia (ICOIIG), o centro tecnolóxico coruñés CITIC ou o Cluster TIC Galicia. Alí atoparanse profesionais das TIC e da eAdministración para afondar en cuestións como o potencial e posibilidades das urbes conectadas do futuro.
4o_aniv_laconnetwork_xantar_02.jpgE a quen pode interesar esta xuntanza? Pois de xeito principal está encamiñada a profesionais do sector, expertos de recoñecido prestixio, empresas líderes a nivel estatal e administradores municipais, nos que se debaterá e profundará de maneira integradora diferentes aspectos relacionados coas novas tecnoloxías no eido das Cidades Intelixentes (Smart Cities), a xestión intelixente dos recursos e a transformación urbana que isto significa. Para aqueles interesados en asistir como visitante profesional cómpre dicir que o prazo de inscrición xa se atopa aberto. Para os asociados a cota de inscrición con desconto é de 50,00 €/persoa (IVE incluído) que dá dereito a:
· Asistencia a todas as sesións (conferencias e relatorios), café e xantar no lugar de celebración das xornadas (dous días), e desconto dun 20% na tarifa do aparcamento do auditorio.
· Recibir a documentación en formato electrónico, acreditación, portadocumentos, bolígrafo, cartafois e certificado de asistencia.
Para asistir é preciso encher un formulario de inscrición. Engadir que o prazo de inscrición fica pechado dende o 7 de novembro. A partir desta data a organización non garante a entrega do material, tampouco será aplicable o desconto. Para máis información pódese visitar a web do evento, onde aparece o programa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?