
Lembrar que Quality of Service alude, neste caso concreto, á busca do mellor promedio de rendemento dunha rede e das computadoras que a integran, téndose en conta factores como a taxa de erros, o ancho de banda, o adiamento na transmisión ou a dispoñibilidade. Trátase dun concepto, o QoS, de especial importancia para o transporte de tráfico con requirimentos específicos e especiais. Ademais, a súa aplicación é fundamental para poder implantar servizos interactivos.
A xornada vai dirixida especialmente a persoal técnico das áreas de informática, electrónica e telecomunicacións, incluíndose neste perfil aos administradores/as de sistemas, operadores/as e administradores/a de rede, así como técnicos de operación e mantemento no ámbito das redes e, con carácter xeral, a calquera profesional con interese no eido das redes de telecomunicacións.
O relator da xornada será Javier Novoa, doutor en Informática pola Universidade de A Coruña, onde é profesor do departamento TIC na área de Telemática e imparte as materias de Redes en Enxeñería Informática e Seguridade de Sistemas da Información no Máster de Enxeñería Informática. Javier Novoa é colaborador habitual do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia e formador oficial do programa Cisco Networking Academy para o que imparte cursos de CCNA routing & switching, CCNA security e CCNP.
O acceso ao seminario, previa inscrición a realizar en liña a través do portal web do CNTG, é de balde e condicionado ao aforamento do local.
O CNTG acolle un seminario sobre como atopar a máxima rendibilidade ás redes corporativas
Compartir Este Artigo
