Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: CONCITI asina un convenio de colaboración co despacho de avogados Pintos & Salgado
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

CONCITI asina un convenio de colaboración co despacho de avogados Pintos & Salgado

Redacción
Publicado: 11/11/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Víctor Salgado, de Pintos & Salgado Abogados, nunha charla sobre Dereito 2.0
Víctor Salgado, de Pintos & Salgado Abogados, nunha charla sobre Dereito 2.0
Seguindo coa súa vocación de defensa e asistencia da profesión en España, o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñaría Técnica en Informática (CONCITI) vén de asinar un importante convenio de colaboración co bufete Pintos & Salgado Abogados, firma coruñesa de referencia en Dereito das TIC.
Con este convenio, CONCITI pretende asegurar a mellor cobertura xurídica nunha área tan complexa e cambiante como o son, hoxe en día, as tecnoloxías da información. A devandita cobertura, non só beneficiará á propia entidade senón a todos os Colexios Profesionais do territorio nacional e, en definitiva, aos propios enxeñeiros colexiados que se enfrontan a dúbidas normativas no exercicio da súa profesión.
Así mesmo, Pintos & Salgado Abogados non só prestará asesoramento senón que contribuirá aos importantes labores divulgativos e de sensibilización do CONCITI, tanto aos profesionais como á sociedade en xeral, para un uso responsable das tecnoloxías e dos riscos e oportunidades asociados con elas.
Para Marcos Mata, Presidente de CONCITI, “este convenio permítenos gozar da mellor asesoría xurídica en materia de tecnoloxías da información, o cal redundará na mellora da xestión dos procesos internos, e posibilitaranos dar mellor resposta aos Colexios Profesionais de Enxeñaría Técnica Informática. Chegar a este acordo ademais cun bufete de referencia e do prestixio de Pintos & Salgado é todo un respaldo á representación dos profesionais da informática e á xestión do Consello Xeral”.
Para Víctor Salgado, Socio-Director de Pintos & Salgado Abogados, “é unha honra para nós asinar este convenio co CONCITI e agradecemos especialmente a confianza depositada no noso bufete. Este enmárcase no compromiso que, dende fai xa máis de 15 anos, temos na difusión e sensibilización ante os riscos e as oportunidades da Rede, así como do coñecemento dos nosos dereitos e do uso responsable das novas tecnoloxías na sociedade. Este acordo con CONCITI permítenos facelo, ademais e de xeito directo, no especial ámbito dos profesionais da enxeñaría técnica informática, cun papel clave nesta Sociedade do Coñecemento”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?