Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A feira científica Galiciencia contará este ano con estudantes de Primaria
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A feira científica Galiciencia contará este ano con estudantes de Primaria

Redacción
Publicado: 12/11/2014
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

34.jpgSerá a vindeira semana, do 19 ao 21 de novembro, na Tecnópole de Ourense (San Cibrao das Viñas) onde teña lugar a celebración da novena edición da Galiciencia, a feira científica de Galicia que este ano trae novidades. Entre elas: a ampliación do horario para acoller máis actividades e a participación de equipos formados por alumnos de Primaria, o que eleva o número de proxectos expostos a 64, o maior ata a data. Cómpre dicir que a Galiciencia se atopa inserida na Semana da Ciencia en España por medio da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), patrocinadora do evento xunto coa Consellería de Economía e Industria.
E indo ao miolo do evento, a entidade organizadora (Tecnópole-Parque Tecnolóxico de Galicia) acollerá no seu recinto de Ourense unha carpa na que os equipos participantes (estudantes de toda Galicia, agás catro grupos de Cataluña) amosarán ao público os seus proxectos científicos e de innovación. A previsión de visitas de grupos escolares de toda Galicia supera as 2000, ás que se sumarán as persoas que acudan pola súa conta, xa que a feira é de entrada libre para particulares e familias. Este ano amplíase o horario da exposición de proxectos en dúas horas: de 10 a 13 horas pola mañá e de 15 a 18 horas pola tarde.
Amais de escolares e profesores de centros de Secundaria e de FP, aos que se sumarán varios equipos de alumnos das Aulas Tecnópole, a iniciativa de capacitación en habilidades científicas e innovadoras promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia, e un equipo que preparou o seu proxecto durante o campamento tecnolóxico de verán (T2W) organizado pola Tecnópole o pasado mes de xullo. Os alumnos e alumnas de Primaria, que se suman este ano ao evento, expoñerán os seus proxectos nunha sección especial en dúas quendas: dez equipos o mércores e outros dez o xoves.
Ademais, a Fundación Barrié achegará unha charla para que os docentes coñezan a iniciativa educaCiencia e levará á Tecnópole a exposición de fotografía InvestigArte.
En canto ás actividades parellas á Galiciencia, haberá unha exposición de proxectos que inclúe a conmemoración do Ano Internacional da Cristalografía e da Agricultura Familiar e do Ano da Biotecnoloxía en España a través de varios obradoiros encamiñados a diferentes idades.
Alén disto, realizaranse actividades de planetario e robótica Lego para os máis pequenos e un obradoiro de tecnoloxías punteiras para os maiores, xunto cunha charla sobre a relación entre a ciencia e a música que poderá seguirse en liña desde calquera centro educativo de Galicia.
Segundo explica a Tecnópole, Galiciencia 2014 contará cun equipo de reporteiros audiovisuais (participantes na feira) que gravarán todo o que aconteza para editar o vídeo oficial do evento. O certame volverá contar coa súa propia redacción de xornalistas (estudantes adestrados como reporteiros) para cubrir o evento e elaborar entre todos a revista oficial, distribuída entre os asistentes á entrega de premios o último día.
Durante a clausura, amais da entrega de premios aos mellores proxectos por categorías, darase a coñecer tamén o gañador do concurso de fotografía científica convocado no marco deste certame.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?