Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A candidatura a Patrimonio Mundial de Ferrol xa se pode ver na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A candidatura a Patrimonio Mundial de Ferrol xa se pode ver na Rede

Redacción
Publicado: 13/11/2014
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

castelo_san_felipe_ferrol.jpgEstar ou non estar na Rede resulta decisivo á hora de promoverse. É o caso de Ferrol, que vén de pór en Ferrol.es -dentro do apartado adicado á súa candidatura a Patrimonio Mundial- unha sección na que os usuarios interesados poderán consultar a base de datos que inclúe os máis de 3.000 rexistros de planos e documentos relacionados cos bens que conforman a candidatura a Patrimonio Mundial procedentes de arredor dunha vintena de arquivos nacionais e internacionais.
Emporiso, partindo deste sistema de consultas, ao que se accede premendo na pestana documentación e que se irá actualizando a medida que se vaian achegando novos documentos aos arquivos do Centro de Documentación do Patrimonio de Ferrol (CDPF), os interesados poden coñecer a dispoñibilidade dun determinado documento e solicitar cita para a súa consulta física na sede do Centro de Documentación ou no antigo Hospicio. O Centro atende consultas previa cita a través do teléfono 981 36 43 17 (ext. 31), de luns a venres de 10:30 a 13:30 horas; ou ben a través de correo electrónico.
O CDPF acubilla toda a documentación (imaxes, planos e documentos) relativa ás fortificacións, Arsenal e barrio da Magdalena, recompilada ao longo de anos de traballo do CIEFAL (Centro Internacional de Estudos sobre Fortificación e Apoio Loxístico), coa colaboración de institucións públicas e da entidade Ferrol Metrópole, xa disolta e que o pasado ano cedeu todo o material dispoñible á Administración local ferrolá. Até o de agora, dito material só é de consulta, non son posibles cesións, nin empréstamos.
Por último, dicir que arestora estase a traballar na revisión e actualización dos plans directores da Candidatura a Patrimonio Mundial, para que, unha vez rematada esta tarefa o Concello de Ferrol poida presentar de xeito oficial a candidatura diante das instancias correspondentes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?