Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo quere converter o blog de seu nunha das grandes canles informativas da provincia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo quere converter o blog de seu nunha das grandes canles informativas da provincia

Redacción
Publicado: 13/11/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_lugo_blog.jpgA Deputación de Lugo anunciou esta semana a remodelación da súa bitácora en liña, blog.deputacionlugo.gal, co obxectivo de reforzar o seu papel como fonte informativa da provincia. De feito, a intención do organismo que preside Xosé Ramón Gómez Besteiro é transformar o blog nunha das principais canles de coñecemento da nosa terra. Logo da renovación, o blog amosa non só unha feitura diferente e máis acorde coas novas correntes de deseño e información transparente e accesible, senón que tamén presenta novas funcións (plena integración coas redes sociais, máxima usabilidade), estrutura e contidos. Estes, sinala a Deputación, actualizaranse con máis frecuencia.
Segundo engade o organismo provincial, dende o punto de visual o novo caderno en liña incorpora un deseño responsive, ou sexa que é quen de afacerse aos diferentes dispositivos cos que se pode acceder á Rede para mellorar a experiencia de navegación dos usuarios. Ao fío disto último, a Deputación recorda que arredor da metade dos acceso do último mes ao blog da Deputación levouse a cabo a través de dispositivos móbiles, ben sexa mediante teléfonos intelixentes ou ben mediante tabletas.
“Ademais das diferentes novas sobre a actualidade da Deputación e da provincia”, explican dende a entidade que preside Gómez Besteiro, “o blog incorpora unha axenda de eventos totalmente renovada onde se irán relacionando todas aquelas actividades culturais, accións formativas, convocatorias, charlas e obradoiros que poidan ser de interese para toda a cidadanía e que se actualizará de xeito diario”.
Logo de algo máis de 3 anos de vida, o espazo en liña suma os 900 artigos publicados, en galego como en castelán, de temáticas como novidades, novas tecnoloxías, medio ambiente, cooperación, emprego, así como de curiosidades da provincia ou descricións de lugares, festas e feiras de interese, etc. Entre as cousas que se van incorporar á bitácora ao longo das semanas e os meses vindeiros atópanse as vídeo novas feitas pola Fundación TIC ou diversos acontecementos públicos en streaming, amais de galerías de imaxes e información sobre a provincia. A maiores, a remodelación do caderno servirá para fortalecer a presenza da Deputación nas redes sociais. Lembrar que o organismo provincial é a primeira Deputación de Galicia en número de seguidores en Twitter, 4.750.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?