Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno galego abordará coa nova fase do Plan Senda o expediente xudicial electrónico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno galego abordará coa nova fase do Plan Senda o expediente xudicial electrónico

Redacción
Publicado: 13/11/2014
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

O presidente da Xunta en rolda de prensa
O presidente da Xunta en rolda de prensa
O Goberno galego vén de facer reconto do que deron de si os seus esforzos para acadar “unha xustiza máis áxil e próxima ao cidadán”. Ao mesmo tempo, o Executivo deu a coñecer cales serán os seguintes pasos a dar neste eido en concreto. Para situármonos, cómpre lembrar que en 2009 púxose en marcha o Plan de Medidas Urxentes para para dar resposta ás necesidades máis inminentes da xustiza en materia dixital e corrixir “unhas eivas históricas deste ámbito tecnolóxico”. O seguinte paso foi o arranque do Plan Senda 2010-2014, a a folla de ruta para integrar as TIC na Xustiza. “En cinco anos”, informa a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, “o Goberno galego investiu 23,4 millóns de euros, un 17% achegados pola entidade estatal Red.es e un 5% de fondos europeos, na mellora e renovación do equipamento e das infraestrutura tecnolóxicas, na consolidación dos sistemas de información e na formación dos usuarios nas novas ferramentas TIC”.
Así se recolle no Balance do Plan, presentado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ao Consello da Xunta, este 13 de novembro e cuxos datos reflicten “o gran avance na aplicación da tecnoloxía no ámbito xudicial galego, que permite á Comunidade abordar a implantación do expediente xudicial electrónico”, explicou a Axencia, que engadiu que o expediente “é un dos obxectivos principais do novo Plan Senda 2020, que se está a elaborar e que que se aprobará no primeiro trimestre de 2015”.
Segundo fixo saber a axencia que dirixe Mar Pereira, o orzamento para a modernización da Xustiza o vindeiro ano será de 7,7 millóns de euros (4,2 do convenio asinado con Red.es e os Ministerios de Xustiza e Industria, Enerxía e Turismo) e permitirá “acadar tres obxectivos chave para avanzar cara o expediente xudicial electrónico: a posta en marcha da sede xudicial electrónica, do visor do expediente xudicial electrónico e a xestión de arquivos físicos e pezas de convicción”.
AMTEGA tamén lembrou que as actuacións do Plan Senda lograron dotar ao sistema xudicial galego dunha solución de videoconferencia, xestionada de xeito centralizado, implantada en 60 salas e con 378 usuarios de videoconferencia persoal. Para facérmonos unha idea do seu uso, a axencia sinalou que ao seu abeiro lévanse a cabo ata 3.000 videoconferencias ao ano, “que permiten mellorar a organización dos procesos xudiciais, reducindo os tempos de espera e os desprazamentos de profesionais e cidadáns, co custo que isto implica”.
Por outra banda, a axencia tamén recordou que ao abeiro do devandito plan, conseguiuse que a totalidade das 170 salas contaran con sistema de gravación de vistas, unha achega que a Administración autonómica considera “fundamental para a práctica xudicial”, alén de que se trata dunha práctica de obrigado cumprimento (lei 13/2009). Por certo que o sistema eFidelius de gravación de vistas dixital estará operativo nas 113 salas das cidades ao remate de 2014. O eFidelius permite o uso de sinatura electrónica recoñecida o que garante a autenticidade e integridade das gravacións e posibilita a delegación da realización da gravación por parte do secretario xudicial.
Asemade, AMTEGA fixo saber que se completou finalmente a renovación do equipamento ofimático, coa substitución de preto de 2.900 equipos de sobremesa e portátiles, e 850 impresoras. “Na actualidade”, informouse, “a práctica totalidade dos equipos ten menos de 7 anos de antigüidade e preto do 89% menos de 5”. En 2009 só o 37% dos equipos tiñan unha antigüidade inferior a 5 anos.
Núñez Feijoo durante a celebración do Consello da Xunta de hoxe
Núñez Feijoo durante a celebración do Consello da Xunta de hoxe
A maiores, tamén se levou ao seu remate a implantación do Proxecto Kronos que permite que os 2.277 empregados públicos da Administración autonómica e da Xustiza en Galicia dispoñan da tarxeta intelixente que os acredita dixitalmente. No informe da axencia presentado no Consello tamén se recorda a informatización dos 45 Rexistros Civís e os 270 Xulgados de Paz da Comunidade, amais da dixitalización dos libros rexistrais dos 45 partidos xudiciais (máis de 6.700 tomos). A maiores, elaborouse un catálogo de máis de 40 formularios do Rexistro Civil en lingua galega, ao que o cidadán pode acceso desde á web para realizar, entre outras, as solicitudes de cambio de nome polo equivalente en galego; de adecuación do apelido ao galego; de inversión da orde dos apelidos; de cambio de nome polo usado habitualmente; de certificación (de nacemento, matrimonio e/ou defunción).
AMTEGA tamén recorda que en 2011 implantouse o Simelga, un sistema informático de xestión, adaptado ás necesidades específicas dos máis de 100 profesionais que traballan no Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA). Este sistema está integrado co sistema de xestión procesual e leva máis de 77.000 expedientes rexistrados. Igualmente, o departamento que dirixe Mar Pereira salientou a creación dun sistema único centralizado de parellas de feito e a posta en marcha, en setembro de 2013, do portal www.xustiza.es, que albergará a futura sede electrónica do eido xudicial. Entre outras funcionalidades o portal permite a consulta en liña das vistas a través da Axenda de Sinalamento de Vistas e un directorio de órganos, institucións e recursos xudiciais da Comunidade, así como información de interese para calquera persoa que teña que acudir aos tribunais

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?