Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O profesor Julián Villanueva introdúcenos este xoves nos camiños a seguir para dixitalizarmos a nosa empresa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O profesor Julián Villanueva introdúcenos este xoves nos camiños a seguir para dixitalizarmos a nosa empresa

Redacción
Publicado: 13/11/2014
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

julian_villanueva.jpgJulián Villanueva, profesor da IESE Business School (Escola de Dirección de Empresas da Universidade de Navarra), analizará este xoves en Santiago as novas tendencias en mercadotecnia dixital e nos camiños a seguir para acadarmos unha transformación óptima e rendible cara aos novos escenarios de actividade en liña empresarial. Asemade, Villanueva avaliará na cita compostelá (prevista para o Colexio Maior A Estila a partir das 18.00 horas), a relación entre o gasto en mercadotecnia e o seu efecto a longo prazo. A conferencia, que terá un marcado enfoque práctico, insírese no Programa de Continuidade 2014-2015 da Agrupación de Membros do IESE Business School.
Julián Villanueva é director do Departamento de Dirección Comercial do IESE. Antes de incorporarse ao IESE como profesor, traballou para Promodès (actualmente, Carrefour) como xefe de produto no departamento de marca branca. Foi consultor de grandes compañías, como Telefónica, Grupo Santander, Bankinter, Caprabo, Eroski, Antonio Puig, Mastercard ou Nestlé, entre outras; en temas como estudos de mercado, cadros de mando de mercadotecnia, segmentación de clientes, recomendacións de posicionamento, espallamento internacional e estratexia de mercadotecnia xeral.
A IESE Business School, a Escola de Dirección de Empresas da Universidade de Navarra, é segundo informan seus responsables “un dos dez centros máis prestixiosos do mundo deste eido educativo, sendo pioneiro na formación executiva en Europa desde a súa fundación en 1958 en Barcelona”. Posúe campus en Madrid e en Barcelona, un centro en Nova York e oficinas en Múnic e São Paulo. Organiza e dirixe programas en catro continentes. En Galicia, o IESE conta con preto de 500 antigos alumnos, e imparte un Programa de Desenvolvemento Directivo -PDD- anualmente en Santiago de Compostela.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?