Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone España acadou no seu primeiro semestre 2.117 millóns de euros de facturación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone España acadou no seu primeiro semestre 2.117 millóns de euros de facturación

Redacción
Publicado: 13/11/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vodafone-3.jpgVodafone España deu a coñecer esta semana os resultados financeiros do primeiro semestre do ano fiscal, que para a dita empresa abrangue do 1 de abril ao 30 de setembro. A súa facturación, cos ingresos de Ono incluídos dende xullo, foi de 2.117 millóns de euros. Os ingresos por servizo acadaron os 1.988 millóns de euros, un 12,4% menos en termos orgánicos que o mesmo período do ano anterior. Porén, a compañía salienta “unha mellora significativa no segundo trimestre do ano”, de menos 9,3% fronte ao -15,3 do primeiro trimestre. Segundo apunta a operadora, esta melloría ten a súa raizame na aceleración do negocio fixo pero tamén nunha menor caída dos ingresos por servizo de telefonía móbil.
Polo que atinxe aos ingresos por negocio fixo aumentaron de forma orgánica un 10,1% no primeiro semestre, cun maior crecemento no segundo trimestre, 12,9%, ca no primeiro, de7,3%. Os ingresos por servizo de telefonía móbil descenderon no semestre, en termos orgánicos, un 14,8%, pero a un menor ritmo no segundo, -11,7%, que no primeiro,-17,6%.
Polo que respecta ás novidades achegadas pola adquisición de Ono, Vodafone sinala que trala compra (formalizada o 23 de xullo) da firma española, esta achegou 251 millóns de euros aos ingresos por servizo de Vodafone en España e contribuíu con 108 millóns de euros ao seu EBITDA. Así, a carteira de clientes conxunta de telefonía móbil de Ono e Vodafone España medrou en 89.500 no último trimestre e alcanzou a 30 de setembro os 14,8 millóns.
A base de clientes de telefonía móbil de Vodafone, informa a operadora, “creceu o último trimestre por primeira vez en tres anos”. Ao fío disto, a empresa salienta o medre experimentado no segmento de contrato, un total de 14.100 no trimestre. Pola súa banda, a carteira de clientes de telefonía móbil de Ono incrementouse 87.500. O crecemento da base de clientes de contrato de Vodafone, excluíndo Ono, débese en palabras da operadora de raizame británica “á forte actividade comercial do último verán e a unha redución significativa da taxa de desconexión que diminuíu en 1,9 puntos porcentuais entre os usuarios particulares no último trimestre fronte ao mesmo período do ano anterior, ata quedar no 19,2%; e en 2,5 puntos porcentuais entre os clientes empresariais, ata o 16,9%”.
Polo que atinxe á cifra de usuarios de banda larga fixa, alcanzou os 2.700.000. Deles, 1.525.000 son de fibra e preto de 800.000 gozaban de velocidades iguais ou superiores aos 50 Mbps.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?