Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra inicia a licitación do proxecto depoGAP
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra inicia a licitación do proxecto depoGAP

Redacción
Publicado: 14/11/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

depogap_presentacion.jpgO pasado 31 de outubro o Pleno da Corporación provincial aprobou o expediente de contratación do proxecto depoGAP xestión de activos da provincia de Pontevedra, co que a Deputación pretende avanzar na mellora da xestión de activos municipais. O proxecto conta cun orzamento de 6,9 millóns de euros, dos cales o 70% son achegados polos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Segundo informa o organismo que preside Rafael Louzán, trátase dun procedemento aberto que está en fase de presentación de ofertas. Ao ser un servizo suxeito a regulación harmonizada, o expediente de contratación enviouse para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO), no Boletín Oficial do Estado (BOE) e no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE). A data límite para a presentación de ofertas é o 22 de decembro de 2.014.
Esta iniciativa da Deputación de Pontevedra abrangue tanto a realización dun inventario de activos de todos os concellos da provincia de Pontevedra (salvo Pontevedra e Vigo) e da Deputación, como a implantación dun sistema ou plataforma para a xestión deses activos, que permita explotala e xestionala “dunha maneira unificada” e fomente a participación e a comunicación coa cidadanía, a través dun portal para o cidadán e unha aplicación para dispositivos móbiles. Asemade, levará a cabo a posta en marcha de varias probas piloto de eficiencia enerxética, que permitan obter o coñecemento suficiente para extrapolalo ó resto da provincia, co fin de diminuír o gasto enerxético e ambiental como consecuencia do uso eficiente dos activos públicos.
Estas actuacións completaranse coa realización dun catálogo de normas, procedementos e recomendacións que sirva de guía, tanto para os empregados públicos coma para as empresas de servizos e obras que traballen para os distintos concellos, para o mantemento e a actualización dos activos inventariados.
Ademais, deseñarase e desenvolverase un plan da xestión do cambio “necesario para mitigar as posibles resistencias e barreiras provocadas pola posta en marcha do proxecto”. Tentando reducir a incerteza do usuario que non sabe, por medio da comunicación, ensinando ao usuario que non pode a través da formación e a capacitación e cambiando a actitude do usuario que non quere mediante a dinamización. Desta forma, garantirase que todos os axentes implicados no proxecto asuman o cambio de forma axeitada.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?