
Os recursos atinxen tanto ás típicas actividades de navegación web, fundamentalmente enfocadas a compras en tendas de comercio electrónico, como na interacción en contornas 3D. O resultado chega baixo o nome de GOAL.
Así, logo de dous anos de traballo, amais do sistema que permite monitorizar a actividade, desenvolvéronse uns prototipos funcionais que permiten aos usuarios probar as ferramentas. “É unha espionaxe colaborativa. Cando ti levas a cabo un proceso de compra en liña vas pasando por unha serie de botóns ata finalizar a operación. O que se pretende é avaliar en que medida a colocación dos elementos de interface nas tendas de comercio electrónico inflúe nas compras, os diferentes patróns que pode haber e cal é máis eficiente, satisfactorio e directo para o usuario”, explica Celso Campos, un dos investigadores da Universidade de Vigo que colabora no proxecto GOAL xunto con Iván Rodríguez, Javier Rodeiro, Enrique Barreiro, Jorge Nelson Acosta e Rubén Viso. O obxectivo é facer as probas cando está en desenvolvemento a plataforma de comercio electrónico ou “a aplicación que nos interese” para ver que mellorar antes de introducir o produto final.
Cómpre dicir que este proxecto está financiado polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI) e coordinado por Indra, e participan xunto á Universidade de Vigo o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) e as empresas Redegal, Imatia e Enxenio
Engadir que “xa son 80.000 as descargas realizadas e ten participado moita xente de todos os continentes”, recoñece Rodríguez.
A ESEI participa nun proxecto que mellora as compras en liña mediante smartphones e tabletas
Compartir Este Artigo
