Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: App Ciudad fornece un novo servizo de información útil sobre accesibilidade urbana
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

App Ciudad fornece un novo servizo de información útil sobre accesibilidade urbana

Redacción
Publicado: 14/11/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

app_cidade_coruna.jpgApp Ciudad é unha aplicación que, como o seu propio nome indica, fornece ao usuario urbano (usuario de dispositivos móbiles e dos servizos e infraestruturas das cidades) de guías personalizadas para o coñecemento da cidade na que se atopa. Segundo veñen de informar os responsables da plataforma, esta ampliou o seu radio de acción cunha nova sección onde ofrece datos de valor acerca dos accesos. Ou sexa, sobre aqueles locais, establecementos ou lugares que están plenamente adaptados para as persoas con diversidades funcionais ou motrices. O obxectivo, polo tanto, é facilitar de forma diaria e continua a máxima información de utilidade sobre aquilo que se achega para toda a cidadanía, sen barreiras nin discriminacións.
Segundo fan saber os responsables destas tecnoloxías, se ben é certo que para moitos de nós as cidades non achegan grandes dificultades para movérmonos dun recanto a outro, non cabe dúbida de que para unha boa parte da poboación estes hábitos “poden ser un desafío, mesmo en ocasións un suplicio”. E engaden: “As obras, beirarrúas rotas, accesos aos transportes públicos, ausencia de ramplas ou prazas de aparcamento adaptadas, todo iso convértese nunha barreira de accesibilidade para unha persoa con diversidades funcionais físicas”. Co obxectivo de facilitar o seu día a día, App Ciudad, lanzou o devandito servizo de accesibilidade. Nesta sección, como dixemos, as aplicacións da plataforma recollen información sobre aqueles establecementos que dispoñen de acceso para cadeiras de roda. Tamén poderemos ver se teñen prazas de aparcamento para minusválidos.
Lembrar que a día de hoxe, App Ciudad xa conta con máis de 30 puntos nacionais e internacionais nos que esta franquía en liña está presente, entre eles: Granada, Toledo, Barcelona, Santiago, A Coruña ou Eivissa. “Tras case 4 anos en liña”, engaden, “estas aplicacións sufriron diversas melloras e incluído novos servizos como este pensado para as persoas minusválidas; grazas a esta sección poderase saber onde hai accesos, ramplas, prazas de aparcadoiro para minusválidos a tempo real e outros servizos adicionais”. Arestora, calculan, máis de 600.000 persoas xa teñen na súa tableta ou smartphone unha das aplicacións de App Ciudad.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?