Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A galega Desoños, recoñecida polos traballos web desenvolvidos para Pesavento
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A galega Desoños, recoñecida polos traballos web desenvolvidos para Pesavento

Redacción
Publicado: 17/11/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

image006.jpgA empresa galega Desoños, responsable de cousas como a premiada web da cooperativa Delagro ou o videoxogo que servía en bandexa un percorrido pola historia de Vigo, informounos os días pasados dun novo e importante recoñecemento que sumar á unha listaxe de distincións ao seu labor que xa de por si semella ser completa. Así, os responsables deste equipo especializado en identidade corporativa veñen de recibir o premio á Mellor Creatividade Web nos galardóns Luxury Advertising Adwards. O motivo deste recoñecemento? Pois nin máis nin menos que a páxina web desenvolvida para Pesavento, a multinacional italiana do eido da xoiería.
Os Luxury Advertising Adwards son, como o seu nome indica, uns galardóns dirixidos a pór de relevo os traballos máis significativos do ano en materia de publicidade para artigos de luxo. Os premios da edición 2014 do certame entregáronse en Marbella este venres 14 de novembro.
Segundo conta Carlos Fernández, xerente de Desoños, ao fío do devandito premio, “o recoñecemento ao traballo ben feito témolo sempre por parte dos nosos clientes, pero agradécese que tamén se valore a través de premios que nos sitúan entre os mellores do noso sector”. E engade: “Obter o recoñecemento público é moi importante para nós, xa que nos anima a mellorar, a medrar e a crear con máis ilusión, se cabe, que o primeiro día”.

Sobre Desoños

image007-2.jpgDesoños é un estudo galego de deseño e comunicación que conta con varios departamentos encargados de levar a cabo actividades de identidade corporativa, gráfica aplicada, deseño multimedia, programación, estratexia, planificación, mercadotecnia, publicidade, deseño de espazos e exposicións. A firma naceu en 2003 con tres socios e arestora conta cun equipo de 7 profesionais.
Desde 2005 e sen interrupción os proxectos de Desoños están incluídos na prestixiosa publicación Web Desing Index, un índice publicado pola editorial holandesa The Pepin Press que recolle as mellores 1.000 webs do ano. Como dixemos ao comezo, o estudo galego tamén foi galardoado co premio Smile Festival 2013 do Festival Europeo da Publicidade e o Humor polo deseño da web www.delagro.com.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?