Finalmente cumpríronse as mellores previsións e a LAN party de Ribeira, Uxianet, edición 1.4, foi quen de xuntar na Casa da Xuventude local a un cento de seareiros das novas tecnoloxías da información nas súas múltiples manifestacións. A xuntanza, promovida polo Concello en colaboración coa asociación Birus, fixo que as devanditas instalacións (incluído o seu albergue) rebordasen de internautas, usuarios e desenvolvedores de ferramentas informáticas e videoxogos, tanto os inscritos oficialmente na party como os visitantes por libre. Uns e outros tiveron ocasión de asistir ás actividades (obradoiros, charlas, relatorios) programadas, que foron continuas, abertas e variadas.

A cita foi unha cita de tres días, dende o venres ata o domingo 16. Os repuntes de actividade acadáronse a partir do sábado, en boa medida porque boa parte das persoas inscritas non comezaron achegar ata últimas horas da primeira das xornadas. A rede externa do encontro de Ribeira dispuxo de 200 megabytes por segundo de baixada e 20 de suba; mentres que a rede interna achegou “unha nada desprezable cifra de 1.000 Mbps”, tanto de suba como de baixada.
Até un cento de seareiros das TIC acudiron á party de Ribeira, Uxianet
Compartir Este Artigo
