Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant destaca o potencial en seguridade das tecnoloxías que detectan e avalían a imaxe térmica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant destaca o potencial en seguridade das tecnoloxías que detectan e avalían a imaxe térmica

Redacción
Publicado: 17/11/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

videoguard_gradiant.jpgHai cousas que non vemos e están aí. Entre as moitas cousas que os nosos ollos non perciben de boas primeiras está a calor que emitimos, unha especie de contorna invisible ao noso arredor que nos precede e que outras persoas poden sentir, iso si, a través do tacto. Estamos a falar dun concepto chamado imaxe térmica, non estritamente unha novidade (xa o vimos presente no filme Depredador, onde Arnold Schwarzenegger mantiña unha tirapuxa cun extraterrestre que tiña a capacidade de ver esa imaxe térmica e localizar as súas vítimas). Dun tempo a esta parte, esta pegada de calor úsase moito no sector da seguridade. Segundo apunta o Centro Tecnolóxico Gradiant, a imaxe térmica fornece “unha gran vantaxe”, xa que as cámaras que a detectan poden facelo a unha distancia de máis de 20 quilómetros, en total escuridade. Gradiant, por certo, está a traballar neste eido a través da súa Área Multimodal.
Segundo engade o centro vigués poñéndonos en materia, todo obxecto que ten unha temperatura superior ao cero absoluto (-273.15 graos centígrados) e polo tanto emite radiación na rexión do infravermello. “Os humanos non somos quen de ver esa radiación, pero si sentila coa nosa pel”, explica o investigador Ícaro Álvarez, que nos lembra algunhas das ferramentas desenvolvidas para ir alén destes “límites impostos pola natureza”. Por exemplo unha cámara termográfica, que é nunha ferramenta coa capacidade de facer visible o invisible. Ou sexa, de permitirnos apreciar a calor que desprendemos a partir das emisións de infravermellos detectadas. Por certo que estas cámaras poden medir temperaturas a distancia, sen contacto e en total escuridade. Segundo apunta o investigador, este potencial é moi importante para procesos como a procura de fallos eléctricos e mecánicos en contornas industriais. Ou para localizar perdas de illamento en edificios en construción. Ou mesmo para detectar fugas de gases.
Como dixemos, a Área Multimodal de Gradiant traballa arestora no desenvolvemento de algoritmos de videovixilancia baseados en imaxe térmica. Nesta liña, Gradiant está a participar no proxecto Videoguard, do que xa temos falado en detalle en Código Cero, pondo a súa experiencia investigadora a disposición dun consorcio de empresas tecnolóxicas integrado por Coremain, Bastet Enxeñaría, TRC e Retegal. O obxectivo: desenvolver un servizo de vixilancia intelixente para a prevención e persecución da pesca e o marisqueo furtivos.
O proxecto Videoguard conta cun investimento de 1,8 millóns de euros, financiados con fondos do programa Innterconecta a través da Consellería de Economía e Industria e o CDTI.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?