Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O aproveitamento das GPU podería facer máis áxil e accesible o procesamento de imaxes médicas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O aproveitamento das GPU podería facer máis áxil e accesible o procesamento de imaxes médicas

Redacción
Publicado: 17/11/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

citius_gpu_medicina_3d.jpgNos últimos anos houbo moitos procesos de cálculo en equipos informáticos que conseguiron acelerarse considerablemente grazas ao aproveitamento de recursos como os procesadores das tarxetas gráficas de equipos informáticos, que tanto pode axudar na edición de vídeo, non renderizado de gráficos tridimensionais e incluso en procesos informáticos para a visualización e a diagnose clínica, sendo este último ámbito o que abordou na súa tese de doutoramento o investigador do CiTIUS Julián Lamas, que neste traballo fixo unha aproximación ao procesamento de imaxe médica en tres dimensións explicando as distintas técnicas aplicadas para maximizar o rendemento dos algoritmos empregados na investigación, demostrando que nalgún caso era posible multiplicar a eficiencia dalgúns dos algoritmos ata 50 veces, o que poría esta tecnoloxía ao alcance dos propios centros hospitalarios.
A tese contribuirá ao desenvolvemento de novos sistemas para manexar a imaxe médica en tempo real sobre infraestruturas de uso cotián, como son as GPU, reducindo así os custos e facilitando o acceso a este tipo de probas médicas a un número moito maior de usuarios.
O traballo centrouse nas tarefas de segmentación (usadas, por exemplo, para a identificación de órganos e tecidos ou a detección de nódulos canceríxenos) e visualización, co obxectivo de que os especialistas poidan consultar os diferentes tipos de imaxe médica sen esperas. No primeiro caso, a tese demostrou que é posible multiplicar a eficiencia do proceso por máis de 50, mentres que as tarefas de visualización aumentan a súa eficiencia entre 5 e 12 veces.
Unha das principais estratexias formuladas consistiu no desenvolvemento do operador «divide e fusiona», que permite repartir o traballo entre todos os procesadores dispoñibles na GPU, para posteriormente fusionar os resultados. Por outra banda, tamén se deseñaron novas formas de visualizar información comprimida, debido a que as GPU non sempre dispoñen da memoria suficiente para traballar con imaxe médica no seu formato orixinal; unha achega que, en palabras do autor, «supuxo modificacións moi importantes sobre os algoritmos orixinais».
Os resultados desta investigación achegarán valor engadido aos sistemas de diagnóstico utilizados polos profesionais sanitarios na actualidade, como demostra o feito de que algunhas das solucións desenvolvidas na tese xa foron integradas en AMIRA, unha plataforma de software comercial para a visualización de imaxe médica líder no mercado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?