

– Eva Elorrieta, co deseñadora de Pictoson, unha aplicación que asocia Pictogramas con audios e grafías on e offline, en 22 idiomas con fins alfabetizadores, que foi premiada por http://www.appstoempower.org/.
– Avelino Correa e Antonio Escudero, fundadores de CreAPPcuentos, empresa que desenvolve apps para a contorna infantil e educativa. O seu primeiro proxecto chámase CreAPPcuentos, unha App para tabletas que permite crear contos únicos e diferentes en moi poucos pasos e en calquera idioma co obxectivo principal de fomentar a creatividade, a imaxinación, a aprendizaxe de idiomas e a interacción entre nenos e pais ou titores.
– Pablo Gajino, socio fundador e CEO de Possible Inc, start-up galega que desenvolve aplicacións móbiles e produtos software e hardware a medida para os seus clientes e para os seus propios proxectos. Na actualidade desenvolveron internamente Likethis e Garagapp, esta última acelerada por Galicia Openfuture/Telefónica, que permite controlar as portas de garaxe desde o móbil.
– Manuel González, membro fundador da Asociación Galega de Artesáns e presidente da asociación profesional de ámbito estatal: Oficio e arte, Organización dos Artesáns de España, que agrupa a 30 asociacións de ámbito autonómico, local, rexional ou sectorial.
Dirixe e coordina o desenvolvemento da APP www.talleresabiertos.com, un localizador xeográfico de proximidade para talleres artesanais e puntos de interese abertos ao público.
– Fran Gago, CEO en Gamifik Lab, empresa dedicada ao desenvolvemento de solucións móbiles para fidelizar aos clientes e fans das súas marcas grazas a unha flexible e potente plataforma de gamification.
O proxecto Faite Dixit@al! explorará o fenómeno das aplicacións móbiles ao servizo da cidadanía
Compartir Este Artigo
